ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Asociarse
Para facerse socio da ANPA descargade a ficha en formato PDF a través do apartado ENLACE "Solicitude de socio" na columna da esquerda, que vos leva a Box, unha páxina de descargas ou copiade o seguinte enlace na barra de direccións:

https://app.box.com/s/zxjlogklgo642knluafn

Si no curso pasado xa entregachedes esta ficha cuberta e asinada, so teredes que realizar o ingreso da cota de socio na conta da ANPA indicando o nome completo do socio (non o da vosa filla ou fillo) e achegarnos o xustificante do ingreso (ven na oficina, no buzón ou por correo electrónico).

Se ocorrese algún problema coa ficha, envíenos un correo electrónico en no prazo máis breve posible remitirémoslle unha ficha a esa dirección en formato Word, Open Office Writer ou PDF.
Solicitude de socio
Categoría: Faite socio - Publicado o 30-05-2014 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Banco de Libros
A ANPA Pedras Brancas do CEIP Fogar pon en marcha un de Banco de Libros coa participación de toda a comunidade educativa. O proxecto de Banco de Libros (BDL) de segunda man quere fomentar a reciclaxe dos libros de texto entre os alumnos do centro e conseguir un aforro no gasto en material que realizan as familias a comezo do curso.

Poderán participar todas as familias asociadas e ao corrente no pago das cotas da ANPA que teñan entre os seus membros alumnos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

BASES

1ª) No Banco de Libros poderán participar tódalas familias pertencentes á ANPA, que así o soliciten. Existen dúas vías de participación, a cesión de libros e a solicitude de libros cedidos.

2ª) Os libros cedidos estarán nun estado de conservación bo ou aceptable e en vigor para o curso 2014-15.

3ª) O reparto de libros realizarase do seguinte xeito: no suposto de que haxa máis libros que solicitudes repartiranse a tódolos participantes; no suposto contrario, adxudicarase a cada familia un (1) punto por libro cedido (en bo estado), un (1) punto máis por cada membro da unidade familiar en idade escolar (de 3 a 16 anos), un (1) punto adicional por familianumerosa e outro (1) punto para familias en situación de necesidade.

4º) Crearase unha comisión encargada de xestionar o Banco de Libros, que acordará os criterios obxectivos para desfacer posibles desempates e as dúbidas que poidan xurdir.

5ª) As familias beneficiarias de libros cedidos deberán devolvelos ao final do curso, en xuño de 2015, fomentando o seu bo uso.

6ª) As familias con alumnas e alumnos en 6º de primaria tamén poderán cede-los seus libros.

7ª) Coa cesión dos libros as familias autorizan á ANPA a dispoñer dos exemplares que non poidan ser utilizados.

8ª) Aceptáranse tamén os libros de cursos anteriores que as familias teñan por casa, se encontren en bo estado e en vigor para o curso 2014-15. Estes libros achegaranse á oficina da ANPA entre o 9 e o 16 de xuño.

9ª) A participación dos cursos 3º e 5º quedan supeditados a posibles cambios pola adaptación de contidos á LOMCE.

Solicitudes para os que rematan 3º, 4º ou 5º de primaira
Solicitudes de participación para alumnos que rematan 6º
Solicitudes de participación para alumnos e alumnas que rematan 2º
Categoría: Banco de Libros - Publicado o 30-05-2014 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas adquisición de libros de texto
No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 publícase a ORDE do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Nestes enlaces podedes obter información relativa ás axudas para adquisición de libros de texto e a convocatoria publicana no DOG.

Para as alumnas e os alumnos de primaria o prazo será do 2 de xuño ao o 2 de xullo, ambos incluídos.
Convocatoria no DOG
Informacion
Categoría: Axudas - Publicado o 30-05-2014 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comisión escolaridade
Reuniuse a Comisión de Escolaridade o día 26 de maio, baixo a presidencia da Inspectora, Berta Estrada Arias.
No enlace aparece a acta da reunión coa lista de admitidos.
Acta Comisión Escolarización
Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2014 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Creación dunha terceira unidade de 4º de infantil
A prensa de hoxe recolle a noticia da creación dunha terceira aula de 4º de infantil no Fogar.
Logo da movilización das familias afectadas pola falta de prazas no noso colexio e o apoio da ANPA, parece que a administración acepta parcialmente a nosa solicitude coa creación dunha nova unidade de 4º de infantil.

Podedes ver a noticia no enlace que adxuntamos.

Queremos recordar que na nosa solicitude tamén pedíamos que se garantise a escolarización neste centro das nenas e nenos residentes na súa área de influencia, ven sexa coa modificación de esta ou coa creación da unidades necesarias para axustar a oferta de prazas á demanda real dos últimos anos neste centro, de xeito que se eviten os problemas xurdidos nestes últimos anos.
Noticia referenciada
Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2014 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Solicitude de creación dunha terceira aula de 4º de infantil
Tras a publicación das listas de alumnas e alumnos admitidos no CEIP Fogar para o curso 2014-15, comprobamos que so se aceptaron 44 solicitudes das 72 presentadas para 4º de infantil (3 anos). Varias familias afectadas trasladaron a súa preocupación pola falta de praza. Tamén comprobamos que grande parte das solicitudes que non foron admitidas corresponden a familias da zona de influencia do centro.
Por elo decidimos apoiar ás familias na súa solicitude de creación dunha nova unidade de 4º de infantil.
Adxuntámos a solicitude remitida á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Solicitude aula 4º infantil
Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2014 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org