ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Programa de Familias Acolledoras
O pasado 14 de abril tivemos unha interesante charla co Equipo Técnico de Acollemento da Cruz Vermella no CEIP FOGAR.
O acollemento familiar é un proxecto da Xunta de Galicia que xestiona a Cruz Vermella. O seu obxectivo é axudar a aquelas familias que atravesan unha situación de crise ou dificultade que lles impide atender correctamente, de xeito temporal, ás súas fillas e fillos.
Este programa busca que estes menores sexan acollidos por unhas persoas que lles ofrezan o seu fogar , que lles dean os coidados, a seguridade e a educación que precisan e que lles permita manter, se é posible, o contacto cos seus pais, nais ou con outros familiares.
Se estades interesados neste programa e queredes ampliar a información, aquí vos deixamos o enlace.
Programa de Familias Acolledoras
Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2015 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
HABITOS DE ESTUDO

Éste venres 24 DE abril, ás 10:00h, teremos unha nova charla na aula de usos múltiples do CEIP FOGAR, que leva por título: “HÁBITOS DE ESTUDO”. A charla impartiraa a psicóloga e logopeda ADELA RODRIGUEZ NUÑEZ, na que nos dará unhas pautas sobre a mellor maneira de coller e mellorar hábitos para a súa etapa de estudo dende o inicio escolar.
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 23-04-2015 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org