ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APARCAMENTOS CHORÍS
Avisos
PODERÁN USARSE AS NOVAS PRAZAS A PARTIR DO MARTES 8 DE MARZO
Habilítanse novos aparcadoiros na contorna do Chorís ás horas de entrada e saída dos colexios mentres duren os traballos de mellora
Avenida de Bergantiños O Concello de Carballo informa a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas de que a partir do martes 8 de marzo habilitaranse novos espazos de estacionamento na contorna do Chorís por un período de tempo limitado. Así, entre as 9.00 e as 10.00 e as 14.00 e as 15.00 horas, nos momentos de entrada e saída dos centros de ensino da contorna, poderá estacionarse no campo de terra situado dentro do perímetro das pistas de atletismo do barrio. En todo caso, a Policía Local colocará a sinalización correspondente e informará aos usuarios e usuarias durante os primeiros días de funcionamento da medida. O obxectivo é facilitar a circulación do tráfico rodado nos horarios de maior afluencia de vehículos á zona. En todo caso, non se permitirá estacionar nesa área fóra dos horarios estipulados e esta será unha medida provisional ata que rematen as obras de mellora do barrio do Chorís.
Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2016 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Información sobre o proceso de matrícula para o curso 2016/17
Comunícase a apertura do prazo de admisión de alumnos/as para o curso 2016/17.
No seguinte vínculo pode consultarse a páxina web da Consellería de Educación e Cultura con toda a información necesaria.
Nos arquivos adxuntos pode consultarse toda a información relativa a dito proceso.

Así mesmo no enlace de abaixo pode descargarse o modelo de solicitude oficial
INFORMACIÓN
MODELO DE SOLICITUDE
Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2016 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org