ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CAMPAMENTOS DE VERAN 2015
Convocatoria de prazas en campamentos de verán da Campaña de verán-2015.

Participantes:
1.Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada quenda.
2. En canto a idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2015 destacar o seguinte:
- Os/as nacidos/as no ano 1997 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento
- Os/as nacidos/as no ano 2006 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
3.O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude
4.Ningún/ninguna participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

Persoas con discapacidade:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% poderán participar nesta convocatoria sempre que teñan capacidade de integración no grupo e as súas limitacións e/ou necesidade especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van a desenvolver.
As características das instalacións e a programación dos distintos campamentos, poderanse consultar na páxina web de xuventude ( www.xuventude.net).


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 8 DE ABRIL.
Enlace á páxina web de Xuventude
Orde da convocatoria
Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2015 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
APERTURA DO PROCESO DE ADMISION PARA O CURSO 2014-15
Iniciouse o procedemento de admisión de alumnos, e no CEIP Fogar ofértanse 50 prazas de 4º, 3 en 5º de Educación Infantil e 18 en 1º de Educación Primaira, entre outras vacantes.

A continuación relacionamos os principais pasos do procedemento:

1.PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOS CENTROS: dendo o día 2 de marzo de 2015 ao 23 de marzo do mesmo mes e ano.

2.Cando a demanda de prazas sexa superior á da oferta do centro, poderáse achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo, ata o 9 de abril (dez días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión).

3.Antes do 25 de abril publicaránse as listaxes provisionais das persoas admitidas e non admitidas.

4.O prazo para presentar reclamacións ante o Concello Escolar contra a listaxe provisional e de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxe provisionais.

5.Antes do 15 de maio, publicacion das listaxes definitivas das persoas admitidas e non admitidas.

6.No prazo dun mes a partir da publicación das listaxes definitivas poderáse presentar un recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nos enlaces podedes aceder á información do colexio e ao anuncio da consellería.
Información facilitada polo centro
Anuncio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org