ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Campamento de verán 2014

Campamentos de verán:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 26 de marzo publica a orde de convocatoria para solicitar praza nos campamentos, nos que poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia e de entre 9 e 17 anos. Posteriormente, realizarase un sorteo público ante notario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril.
Terán lugar nos meses de xullo e agosto, e desenvolveranse nun total de 19 albergues e campamentos en toda Galicia.
Na Coruña as instalacións dispoñibles serán as dos albergues xuvenís de Marina Española e Gandarío en Bergondo; e os campamentos de Furelos, en Melide; de Virxe de Loreto, en Porto do Son; e de Espiñeira en Boiro.
No caso de Lugo, os campamentos terán lugar na Residencia Xuvenil LUG II da capital; nos albergues xuvenís de Area, en Viveiro, e de Benigno Quiroga en Portomarín; así como nos campamentos de A Devesa en Ribadeo, no de Os Chacotes en Palas de Rei, e no Poboado Os Peares.
En canto a Ourense, a campaña de verán desenvolverase no complexo O Corgo en Muíños; no centro de educación ambiental Equal en Coles; no albergue Vilar de Ordelles en Escos; na estación de montaña de Manzaneda; e na residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, na capital da provincia.
Xa por último, en Pontevedra haberá actividades no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa; e nos campamentos de Pontemaril, en Forcarei; e na Illa de Ons.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas as mozas e mozos galegos residentes en Galicia, nacidos no ano sinalado para cada actividade.
En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de Verán 2014, cómpre destacar:
• As persoas nacidas no ano 1996 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
• As persoas nacidas no ano 2005 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de Carácter sociocultural, recreativo, formativo e convencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela

Teñen a súa disposición o folleto completo da actividade no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2014/Campamentos14-new.pdf
Condicións xerais
Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2014 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA PARA TODOS OS PAIS E NAIS DE NENOS E NENAS CON ALGÚN TIPO DE NECESIDADE ESPECÍFICA
Convocatoria
Estimados/as pais e nais:
A través da presente circular informativa querémosvos dar a coñecer que o próximo sábado 29 de marzo, ás 17:30, no Pazo da Cultura de Carballo vaise celebrar unha reunión aberta a todos os pais, as nais e ós familiares de nenos e nenas con algunha necesidade específica de cara a crear unha asociación que defenda os intereses destas familias.
Solicitamos a máxima participación e a máxima colaboración de todos vós xa que consideramos que coa creación de esta asociación, como mínimo, poderemos:
• Dispoñer dun referente onde compartir as nosas experiencias e informarse sobre as necesidades dos nosos fillos e fillas.
• Poderemos demandar que certos profesionais veñan a atender ós nosos fillos e ás nosas fillas á comarca de Bergantiños evitándonos innumerables viaxes á Coruña ou a Santiago.
• Solicitar ás Administracións Públicas maiores e mellores medios para os nosos fillos e as nosas fillas.
• Poderemos aprender, entre todos, como organizar mellor o noso tempo e concilialo adecuadamente para atender á familia, ó traballo e ó
descanso.

Para mais información temos un correo electrónico
alouminosparanenes@gmail.com ou no tfn. 639 887 508.
Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2014 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido 2014

O venres 28 foi o día grande do entroido e houbo un gran desfile, unha grande chocolatada e churros a esgalla.

Nos días previos O Rei Meco ordeou os seus mandados, que se foron cumprindo día tras día.

Agradecemos a axuda na elaboración de toda a comunidade educativa, ao equipo directivo do centro, a Atmósfera Sport, a Alonso Moda, a Alquileres Lantes e a Retoños, pola súa desinteresada colaboración, e especialmente á Ana, Eva, María José, Marta e Sandra, directivas da Anpa por todo o traballo realizado para a ledicia das nosas nenas e nenos.

Coa Colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carballo.
Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2014 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org