Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AXUDAS POR FILLAS E FILLOS MENROES DE 3 ANOS |
|
O DOG nº 21 do 2 de febreiro de 2015, publica a ORDE pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.
Esta axuda está dirixida a persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 incluído, e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario, aínda sen estaren obrigadas a facelo.
O prazo para a súa solicitude remata o 14 de marzo de 2015.
Para ampliar a información prema o enlace que se xunta.
|
|
|
|
Entroido 2015 |
|
 Este ano no Colexio Fogar escollemos como lema do entroido “o mundo do circo”, e iremos disfrazados de pallasos, de trapecistas, de domadoras, …
Anticipando a festa o Rei Meco ditou o seguinte mandado:
O luns: Para o mundo do circo pertencer unha garabata has traer.
O martes: Pon hoxe un calcetín de distinta cor para que o pallaso non te molle coa súa flor.
O mércores: Un pucho has de traer se malabares queres facer
O xoves: Se no mundo do circo has traballar algo na túa cara has de pintar.
O venres: Agora ti decides o que queres !!! Pallaso, funambulo, trapecista, domador, … Arránxate para a ocasión!!!
Coa Colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carballo.
|
|
|
|
|
|