ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

1º Aniversario da Federación de Anpas da Costa da Morte

Nun dinámico e emotivo acto, celebrouse o primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte no Pazo de Cultura de Carballo.

Fixo de mestra de cerimonias a compañeira da ANPA de Sardiñeiro (Fisterra), Consuelo Lestón, que agradeceu a presenza de todas as persoas e colectivos por acompañarnos nesta celebración.

O presidente da Federación fixo referencia, en nome de todas as ANPAs, ao ano de existencia da federación e convidou a ver o vídeo “un ano de existencia” da federación de ANPAs da Costa da Morte. O vídeo esta dispoñible no enlace adxunto.

Posteriormente, fíxose entrega do premio Werto e Rosalía. O Werto pensado para denunciar publicamente a persoas, entidades ou institucións cuxas decisións supoñen un ataque ao Ensino Publico. O Rosalía, en recoñecemento da labor de persoas, entidades ou institucións, cuxa loita en defensa do Ensino Público debe ser recoñecida publicamente e difundida.

O presidente da federación de ANPAs quixo facer a entrega do seu premio a Ignacio Wert Ortega, ministro de educación, pero non asistiu a recepción do seu merecido premio Werto.

O presidente da Confederación de ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, foi o encargado de entregar o premio Rosalía, concedido á Plataforma en defensa do Rural e da Montaña.

Rematou o acto cun monólogo sobre o ensino a cargo da actriz Cristina Moreira.
Video 1º Aniversario
Categoría: Novas - Publicado o 24-02-2014 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido 2014

É tempo de entroido no que o lóxico e o absurdo se unen nestes días festeiros para poñer un sorriso no inverno. No Colexio Fogar este ano escollemos como lema do entroido “os pobos do mundo”, e iremos disfrazados de indios, de romanos, de chineses, de vaqueiros e de hindús, segundo os cursos.
O venres 28 será o día grande do entroido e teremos desfile, chocolatada e churros.
Pero anticipando a festa o Rei Meco púxose ao mando e ordenou presentar, con moito bombín, o seu bando a todas as nenas e os nenos que ben o queiran pasar, a seguinte ordenanza deberán aplicar:
" O Mandadiño di:
O luns: se de tribal queres vir de negro tes que vestir
O martes: unha saia has de engadir se de tribal queres vir
O mércores: para un bo tribal parecer un colar as de poñer
O xoves: a cara de negro as de pintar para ser un tribal total"

Como os membros da Anpa ao Rei Meco non queremos fallar, o noso boneco imos decorar.
Tódolos días da semana as súas ordes cumpriremos ata que o xoves ben bonitiño o deixemos e así moi ledo poderá xogar coas nenas e os nenos do Colexio Fogar.
Desexámosvos a todos unhas divertidas festas de entroido e non esquezades visitar a zona de Secretaría do colexio para ver alí os entroidos que nos puxemos vestir para un sorriso nas vosas caras ver cada vez que ao cole hai que volver.
Agradecemos a axuda na elaboración da exposición aos seguintes establecementos:
Alonso Moda, na Rúa  Vázquez de Parga nº 10
Atmósfera Sport, na Rúa da Igrexa nº 9
Retoños, na Rúa Sol nº 28
Alquileres Lantes S.L., Avenida de Razo, 28

Coa Colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carballo.
Categoría: Actividades - Publicado o 23-02-2014 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Admisión de alumnos para o curso 2014-15
Unha vez realizada a reserva de prazas nos centros adscritos, iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2014-15. A continuación relacionamos os principais pasos do procedemento:

1.PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOS CENTROS: do día 1º de marzo de 2014 ao 20 de marzo do mesmo mes e ano (conforme ao Anexo II da orde do 12 de marzo de 2013).

2.Cando a demanda de prazas sexa superior á da oferta do centro, poderáse achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo, ata o 31 de marzo (dez días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión).

3.Antes do 25 de abril publicaránse as listaxes provisionais das persoas admitidas e non admitidas.

4.O prazo para presentar reclamacións ante o Concello Escolar contra a listaxe provisional e de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxe provisionais.

5.Antes do  15 de maio, publicacion das listaxes definitivas das persoas admitidas e non admitidas.

6.No prazo dun mes a partir da publicación das listaxes definitivas poderáse presentar un recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nos enlaces podedes aceder á información do colexio e ao anuncio da consellería.
Anuncio da consellería
Informacion facilitada polo centro
Categoría: Novas - Publicado o 03-02-2014 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org