ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BO NADAL
Portal de Belén
As persoas que formamos a xunta directiva da Anpa Padras Brancas desexamosvos un bo nadal a tódolos membros da comunidade educativa. Aproveitade estos días para visitar o Belén e a decoración navideña do centro.
Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2013 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado
COMUNICADO CONXUNTO DAS ANPAs
“A MILAGROSA” e “PEDRAS BRANCAS”

Carballo, a 2 de Decembro do 2013

Queremos informarvos de que mañá MARTES ás 09:30 h, no Pazo da Cultura (Carballo), manteremos unha xuntanza entre as ANPAS do CEIP Xesús San Luís Romero e do CEIP Fogar.
Nesta reunión trataremos sobre a problemática da coidadora. Actualmente compártese a unha persoa entre os dous centros de ensino onde estudan as nosas fillas e os nosos fillos, medida tomada dende as instancias institucionais competentes e que nós non compartimos, porque non satisface as necesidades educativas do alumnado.
Hai que salientar que no CEIP Xesús San Luís Romero, aténdense a nenas e nenos con severas dificultades motoras (utilizan unha cadeira de rodas) e psicofísicas, o que fai que precisen unha coidadora case permanentemente con eles. Por outra banda, no CEIP Fogar, hai moitos casos de alumnos con diferentes discapacidades (tanto motoras coma psíquicas), que tamén fan precisa a presenza de coidadores.
Con esta medida salomónica de repartir a unha das coidadoras, o único que se fai é desatender a un centro e medio-atender ó outro, xa que cremos que en ningún dos centros quedan suficientemente atendidas as necesidades.
Dicir tamén que contaremos coa presenza e apoio das outras ANPAS da nosa localidade, que están a ver un problema que nun futuro pódelles ocorrer a elas mesmas.

ANPA “A Milagrosa” do CEIP Xesús San Luís Romero
ANPA “Pedras Brancas“ do CEIP Fogar
Noticia na prensa local
Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org