ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REUNIÓN NECESIDADES ESPECIAIS
Tal e como falamos na anterior reunión de socios e unha vez comunicado tanto a dirección do centro como co departamento de orientación, gustaríanos ter unha reunión con tódolos pais de alumnos con necesidades especiais; tanto os que a teñan recoñecida como os que estean solicitándoa ou pensen que o seu fillo poder ter algunha necesidade.

Orde do día:
-Presentación do novo proxecto da Anpa respecto as necesidades especiais.
-Situación actual.
-Escoita de necesidades e preguntas.
Creemos que é necesaria o que nos movamos todos xuntos sobre todo para mellorar a calidade de ensino dos nosos fillos polo que rogamos acudan a reunión que celebraremos:

DÍA: VENRES 2 DE DECEMBRO AS 19:00 Hrs.
LUGAR: COMEDOR DO COLEXIO

ACUDE, NECESITAMOS SABER DE VOS PARA PODER TRABALLAR E FACER QUE TODO MELLORE.

Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2016 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
VOTACIÓN REPRSENTANTES CONSELLO ESCOLAR
Hoxe é o día da votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar no CEIP Fogar, participa.
Podes facelo de 09:300 a 10:30 e de 13:30 a 14:30 horas.
Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2016 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
PILATES
¡Atención Familias!

Lembrámosvos que aínda estase a ofertar a actividade de PILATES para aqueles pais e nais que desexen anotarse.

A actividade levase a cabo os martes e xoves de 19:00h. a 20:00h. da tarde nas instalacións do colexio. O custo da actividade: 15€ para os socios e 18€ para os NON socios.

Para anotarse podédesvos dirixir ás oficinas da ANPA en horario de apertura (luns de 17:00 a 18:30, martes e xoves de 9:30 a 10:30), telefonicamente no mesmo horario ou por correo electrónico(info@anpapedrasbrancas.org).

Categoría: Actividades - Publicado o 23-11-2016 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Categoría: A asociación - Publicado o 20-11-2016 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Categoría: A asociación - Publicado o 20-11-2016 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: A asociación - Publicado o 14-11-2016 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS AO PROGRAMA CONCILIA
Parabéns ao Programa Concilia da Concellaría de Benestar polo seu aniversario! Hai dez anos, un 11 de novembro de 2006, nacía para axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar das parellas de Carballo. Por outros dez anos máis!!
Categoría: Axudas - Publicado o 14-11-2016 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS LA LUPA LUNATICA

Categoría: Actividades - Publicado o 14-11-2016 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO APARCADOIRO
Dende a ANPA informámovos que a carón do Colexio abriuse un novo aparcadoiro de uso público con preto dun centenar de prazas e con entrada pola rúa Vila de Órdes.
Agardamos que sea útil para as familias e persoal do Centro.
Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2016 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org