ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25N DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2015 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN CUIDADOR MAIS NO COLEXIO
BOAS NOTIAS
Dende fai unhas semanas a Anpa Pedras Brancas, Aloumiños e a dirección do colexio Fogar reclamamos ante a Conselleria de Educación que facía falta un posto de coidador mais. Pois temos o pracer de informarvos QUE O CONSEGUIMOS ,dende hoxe incorporouse unha nova coidadora ao equipo do colexio,ademais segundo nos informan esta praza creouse como DIFINITIVA, esperemos que sexa así, xa que o número de alumnos/as con necesidade de atención e as características do centro indicaban que este posto era necesario.
Queremos dar as grazas a tod@s os que tiveron algo que ver neste logro,Aloumiños,Anpa,Dirección, Inspección,Conselleria,...xuntos temos moito que gañar.....
Categoría: Novas - Publicado o 24-11-2015 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENTIDADES COLABORADORAS
CAMPAÑA DE ENTIDADES COLABORADARAS CURSO 2015-2016

Os establecementos comerciais de Carballo que colaboran coa nosa asociación e os descontos que ofrecen nas compras realizadas, son os seguintes:

DECORACIÓN:

ADAMELA(Rúa da Iglesia,11) : 10% de desconto.

DENTISTAS:

ORTODIX (Rúa Estrella 25-27)*ver anexo de descontos en clínica.

DEPORTES:

ATMOSFERA SPORT (Rúa da Iglesia, 9 ): 10% de desconto.

DEPORTES SAN REMO (Rúa de San José, 5) : 10% de desconto

FOTOGRAFíA:

FOTO POMBO (Rúa Desiderio Varela, nº 34 B2): 10% de desconto

INTERFILM CARBALLO (Avda. Flores, 1 baixo esquerda):10% de desconto ( fotoregalos personalizados,tintas impresoras,albunes e marcos stock tenda,revelados (excepto 10x15) albuns dixitais Hofmann desconto mín.15% .Consultar precio fotocopias.

LIBRERíAS E PAPELERíAS:

LER LIBRERíAS (Rúa Tarragona, nº19): 5% de desconto

CENTRO PAPELERíA (Rúa Camino Nuevo 9) : 10% de desconto excepto folios.

CARLíN (Rúa Puente 11) : 10% de desconto agás en productos amparados por outras ofertas ou en períodos de rebaixa.

MERCERíAS:

MARIA JOSÉ LENCERíA MERCERíA. (Rúa Gran Vía 12): 5% de desconto.

MERCERÍA VAINICA (Avenida da Milagrosa 12): 5% de desconto en compras superiores a 20 €.

ÓPTICAS:

MULTIÓPTICAS AMERICANA (Rúa de Desiderio Varela, 1-3): 15% de desconto.

ÓPTICALIA ENRíQUEZ (Rúa Camiño Novo, 5): 15% de desconto.

OUTROS:

MIS PERSONAJES (Rúa Desiderio Varela, 34): 10% de desconto

TIXEIRAZOS (Rúa da Iglesia -Galerías comerciales ,Local 11) 10% de desconto

PUERICULTURA:

O BARCO DOS SOÑOS (Rúa da Iglesia, nº 11): 5% de desconto en gran puericultura.

PERRUQUERíAS E CENTROS DE ESTÉTICA:

CENTRO DE ESTÉTICA RELAX (Rúa Gran Vía, 48, 1º): 8 % de desconto.

PELUQUERÍA HELENA (Rúa Vila de Ponteceso, 7 baixo): 10% de desconto en gastos superiores a 10 €.

ROUPA:

MARILINES (Praza de Abastos) : 5% de desconto

TIANA (Rúa Valle Inclán 1-3 ): 10% de desconto

XOGUETERíAS:

BAMBÁN XOGUETES (Rúa Barcelona,22).5% de desconto excepto campaña de Nadal, bicis e consolas durante todo o ano.

XOGUETERIA MERLIÑO (Rúa Fomento, 29) :Desconto mediante “tarxeta vale desconto xogueterías reunidas”máis información en tenda.

ZAPATERIAS:

KIOBA (Praza do Concello): 6% de desconto

ZAPATERÍA ESTHER ( Rúa Desiderio Varela, 12): 10% de desconto



Tódolos descontos son válidos dende o 1 de setembro de 2015 ata o 31 de agosto de 2016, presentando o carnet de socio xunto co DNI, agás para productos amparados por outras ofertas ou en rebaixas.
Categoría: A asociación - Publicado o 19-11-2015 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
CIRCULAR ASAMBLEA XERAL DO 27 DE NOVEMBRO
Estimadas familias:
Con motivo de dar a conocer a nova Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais (ANPA) Pedras Brancas, convócase a tódalas nais e pais (Socios e NON Socios) do CEIP FOGAR á Asamblea Xeral Ordinaria da mesma, que terá lugar no comedor do centro o vindeiro venres 27 de Novembro ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Presentación da nova Xunta Directiva.
3. Estado de contas. (Orzamento ano 2015/2016.)
4. Actividades extraescolares.
5. Necesidade de aumentar o número de Socios.
6. Propostas para o Curso 2015/2016.
7. Rogos e preguntas.
Consideramos moi importante a presenza de todos vós para recoller de primeira man as vosas necesidades, intereses e opinións para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
A ANPA só existe si estas inquedanzas quedan reflexadas!
Un saúdo,
A XUNTA DIRECTIVA
ANPA PEDRAS BRANCAS.
Categoría: A asociación - Publicado o 19-11-2015 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para a adquisición de material escolar
Publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2015, pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. O prazo de solicitude remata o 21.11.2015.








ENLACE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Categoría: Axudas - Publicado o 12-11-2015 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org