ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Hoxe, Día Mundial contra o Cancro de Mama, non podemos deixar de pensar naquelas persoas que están a pasar pola enfermidade, as que xa non están ou no medo que todas temos a padecela.
Ánimo ás que loitan cada día contra esta terrible enfermidade.
Categoría: A Asociación - Publicado o 19-10-2018 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
PROGAMA INFANCIA E ADOLESCENCIA OIKOS

Aberto prazo de inscripción para o curso 2018-19

http://www.espaciooikos.com/gl/oikos-infacia-y-adolescencia-curso-2018-19/
Categoría: A Asociación - Publicado o 18-10-2018 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN CURSO ESCOLA DE PAIS
Estimados pais/nais:
A Asociación “VIEIRO”, en colaboración coa ANPA Pedras Brancas do CEIP Fogar, convoca a ESCOLA DE PAIS E NAIS dentro da programación de PREVENCIÓN no ÁMBITO FAMILIAR. A finalidade desta Escola é informar e formar a pais e nais á hora de desenvolver o labor de educadores.
Os contidos de dito curso consta dos seguintes temas:
AUTOESTIMA – RESOLUCIÓN DE CONFLITOS – NORMAS E CASTIGOS-REDES SOCIAIS E INTERNET-HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO – LÍMITES E AUTORIDADE POSITIVA – PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS –ESTILOS EDUCATIVOS DOS PAIS/NAIS E A INFLUENZA NO COMPORTAMENTO DOS SEUS FILLOS/FILLAS OU OUTROS TEMAS A ELEXIR.

Este curso é TOTALMENTE GRATUITO. Será impartido por unha psicóloga nas instalacións do colexio. A duración do curso será de 7 meses (de Novembro a Maio) con clases presenciais semanais dunha hora e media de duración. (Aula sen confirmar , o día será todos os luns de 9:30 hr a 11:00 hr)
A inscrición farase nas oficinas da ANPA Pedras Brancas (en horario de Martes e Xoves de 9.30h. a 10:30h.) ou a través do noso correo electrónico info@anpapedrasbrancas.org.

O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 19 de outubro.

Sen outro particular, aproveitamos a oportunidade para animarvos e invitarvos a participar neste curso de vital importancia para a educación dos nosos fillos.


Un saúdo,
ANPA PEDRAS BRANCAS
Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2018 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
TENDAS COLABORADORAS
Un ano mais queremos dar GRAZAS aos establecementos colaboradores que polos seus descontos beneficiámonos todos os Socios do Anpa.


CAMPAÑA DE ENTIDADES COLABORADORAS

Os establecementos comerciais de Carballo que colaboran coa nosa asociación e os descontos que ofrecen nas compras realizadas, son os seguintes:


●ACADEMIAS:
ACADEMIA ENSTEIN(Rúa Manuel María, 12 - 1º): 10% Descontos en todas as actividades realizadas.
●DECORACIÓN:
ADAMELA (Rúa da Igrexa, 11) : 10% Desconto.
●DENTISTAS:
ORTODIX (Rúa Estrella, 25-27)*Ver anexo de descontos en Clínica.
CLÍNICA DENTAL MARÍA GÓMEZ LAMAS (Rúa Salgueiro, 8 - Baixo)*Ver anexo de descontos en Clínica.
●DEPORTES:
ATMOSFERA SPORT (Rúa da Igrexa, 9 ): 10% Desconto.
DEPORTES SAN REMO (Rúa de San Xosé, 5) : 10% Desconto
●COMPLEMENTOS:
D&A (Rúa Desiderio Varela, 4):10% por compras superiores a 15€, agás en produtos amparados por outras ofertas ou en períodos de rebaixa.
●FISIOTERAPIA :
JAVITEIJEIRO CENTRO FISIOTERAPIA (Rúa Andorra, 19 ) 10% Desconto *Ver descontos no Centro.
SALUS(Rúa Martín Herrera ,11)10% en tratamentos de fisioterapia, agás nos de fisioterapia respiratoria.
●FOTOGRAFíA:
FOTO POMBO (Rúa Desiderio Varela, 34 - Baixo 2): 10% Desconto
INTERFILM CARBALLO (Avda. Flores, 1 - Baixo esquerda):10% Desconto (fotoregalos personalizados,tintas impresoras,albumes e marcos stock - tenda,revelados (excepto 10x15) Consultar prezo fotocopias e álbums dixitais Hofmann.)
●LIBRERíAS E PAPELERíAS:
LER LIBRERíAS (Rúa Tarragona, 19): 5% Desconto
CARLíN (Rúa Puente, 11) : 10% Desconto agás en produtos amparados por outras ofertas ou en períodos de rebaixa.
●MERCERíAS:
MARIA JOSÉ LENCERíA MERCERíA. (Rúa Gran Vía 12): 5% Desconto.
● NUTRICIONISTA:
MARÍA VIÑA (Rúa da Saúde, 11 Baixo ): 10% *consultar descontos.
●ÓPTICAS:
MULTIÓPTICAS AMERICANA (Rúa de Desiderio Varela, 1-3): 5 % Desconto.
ÓPTICALIA ENRíQUEZ (Rúa Camiño Novo, 5): 15% Desconto.
●PERFUMERIAS:
AVE PARAÏSO (Rúa Gran Vía, 43 - Baixo):15% Desconto agás en produtos amparados por outras ofertas aplicables en tenda.
●PERRUQUERíAS , CENTROS DE ESTÉTICA E COSMETICOS:
MÍRAME( Rúa Santa María, 1): 10% Desconto agás en perrucas, postizos ou produtos amparados por outras ofertas ou en períodos de r rebaixa. (*)ver máis descontos en tenda.
CENTRO DE ESTÉTICA RELAX (Rúa Gran Vía, 48, 1º): 8 % Desconto.
PELUQUERÍA HELENA (Rúa Vila de Ponteceso, 7 - Baixo): 10% Desconto en gastos superiores a 10 €.
● PUERICULTURA:
O BARCO DOS SOÑOS (Rúa da Igrexa, 11): 5% Desconto en gran puericultura.
●XOGUETERíAS:
XOGUETERIA MERLIÑO (Rúa Fomento, 29) :Desconto mediante “tarxeta vale desconto xogueterías reunidas”máis información en tenda.
●ZAPATERIAS:
ZAPATERÍA ESTHER (Rúa Desiderio Varela, 12): 10% Desconto.

Tódos os descontos son válidos dende 1 de setembro de 2018 ata o 31 de agosto de 2019, presentando o carné de socio xunto co DNI, agás para produtos amparados por outras ofertas ou en rebaixas.
Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2018 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA NENA
O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena, e aínda que somos conscientes de que dedicar un só día a unha causa pode servir de pouco, cremos que pode ser o detonante dun cambio de mentalidade para que cando as nenas de hoxe sexan mulleres de mañá, a igualdade de oportunidades pola que todas e todos loitamos sexa unha realidade.

Por iso, dende a Concellaría de Igualdade e Benestar lanzan unha campaña de apoio ás nosas "pequenas superheroínas".
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-10-2018 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental, este ano centrado na mocidade e nos problemas que presenta. As asociacións que agrupan pacientes e familiares aproveitan esta xornada para reivindicar a necesidade de que a saúde mental dos máis novos estea na axenda política para tratar de evitar que os trastornos mentais sexan a primeira causa de discapacidade en 2030, como advirte a Organización Mundial da Saúde.
Entre o 10 e o 20 por cento dos nenos, nenas e adolescentes teñen problemas de saúde mental. A metade das enfermidades mentais presenta síntomas antes dos 14 anos e en tres de cada catro casos vanse manifestar antes dos 24.
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-10-2018 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org