ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEGURO ESCOLAR
Vimos de subscribir a póliza do seguro escolar coa compañía ALLIANZ, a través da correduría de seguros TOÑITO, como en anos anteriores.
Vai dirixido a alumnos inscritos no CEIP FOGAR en calquera das seguintes circunstancias:

- Nas horas de clase, recreos, xogos, ximnasia, exercicios físicos, horas extraordinarias de estudios, exames, comedor e traballos manuais, propios da actividade escolar.
- Traxecto de ida e volta ó colexio, ben a pé ou en medio de transporte de uso xeral.
- Actividades extraescolares, dentro ou fora do recinto escolar, sempre que éstas se realicen baixo a tutela do profesorado – monitores-, salvo a práctica de deportes con carácter competitivo, tanto no propio Centro como fora do mesmo.
- Excursións dentro do territorio nacional con duración inferior a dez días.

As garantías cubertas pola Compañía de Seguros Allianz, fíxanse para cada sinistro/ano nas cantidades que se sinalan a continuación:

- En caso de Falecemento un capital de (Gastos Sepelio) ------------------------------- 3.000 €
- En caso de Invalidez Total e Permanente ------------------------------------------------ 6.000 €
- Asistencia sanitaria: garantirase a totalidade dos gastos médico-farmacéuticos nos centros recomendados pola Compañía (incluída Clínica Carballo).
A duración da prestación será igual á duración da póliza, en todo caso, co límite dun ano.

Outras prestacións:
Operacións de salvamento ou búsqueda do accidentado e transporte necesario, ata un máximo de 1.200 euros por asegurado e sinistro.
Locomoción e rehabilitación do asegurado cando fosen motivados por necesidades de curación e autorizados pola Aseguradora ou polos médicos designados por esta.
Ciruxía plástica, reparadora, prótesis, gafas, aparatos acústicos, material de ortopedia, osteosíntesis e fixadores externos co límite máximo de 750 euros (cobertura aplicable so cando sexa precisa asistencia médica).

PREZO: 6 €

IMPORTANTE: A PRESENTE COTIZACIÓN ESTÁ CALCULADA PARA UN COLECTIVO APROXIMADO DE 300 ALUMNOS, PODENDO ALTERARSE LEVEMENTE O PREZO SI VARIASE O NÚMERO DOS SOLICITANTES.
A SUSCRICIÓN DO SEGURO É OBRIGADO PARA OS ASISTENTES ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Descarga de boletín de adhesión
Categoría: Actividades - Publicado o 27-10-2013 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org