ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Escola de nais e pais
Dende a Asociación Antidroga "VIEIRO" dentro da programación de PREVENCION no AMBITO FAMILIAR, convoca a ESCOLA DE NAIS e PAIS a través de todos os CEIP e IES do municipio, coa finalidade de informar e formar ás nais e ós pais no desempeño da súa labor de educadores. Os contidos principais do curso son: AUTOESTIMA – ASERTIVIDADE – RESOLUCION CONFLITOS – CONTROL EMOCIÓNS – TECNICAS ESTUDO – PRESION GRUPO – COMUNICACIÓN FAMILIAR – NORMAS E LÍMITES – PREMIOS E CASTIGOS ...
A duración do curso será de 4/5 meses (de Febreiro a Xuño de 2014) con clases presenciais quincenais de hora e media de duración. O prazo de inscrición finaliza o próximo día 14 de Febreiro e para anotarse pasen pola oficina da ANPA.
O citado curso é totalmente gratuíto e só esixen un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade no propio colexio. De non acadarse o número mínimo de asistentes no noso centro, os interesado podrían participar igualmente na actividade pero nunha ubicación que decidirá Vieiro.

ANPA PEDRAS BRANCAS
Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2014 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org