ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AXENDAS 2017/18
Comunicarvos que xa nos chegaron as novas axendas para este curso 2017/2018.
O horario para poder adquirilas son estes:
Semana do 5 a 8 de setembro en horario de 10:30 a 11.30 hrs.
Semana do 11 a 15 de setembro en horario de 9:30 a 10:30 hrs.
O prezo é o seguinte:
3€ Prezo Socio do ANPA
5€ Prezo NON Socio do ANPA


Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que podedes facervos socios da ANPA PEDRAS BRANCAS por tan só 12€ por familia. É unha cifra simbólica para que os que teñades vontade de colaborar.
Se vos facedes socios por primeira vez podedes pasar pola oficina da ANPA e cubrir a ficha, ou ben, podedes descargar a ficha que está na blogoteca, dentro da categoría "Faite socio", unha vez cuberta cos vosos datos se pode entregar na oficina ou enviala por correo electrónico ou ou correo postal xunto co xustificante do pago. Podendo tamén facer ou pagamento na oficina da ANPA.
Se xa sodes socios do ano pasado só tedes que pagar a cota na oficina ou mediante banco, e entregar o xustificante de pago indicándonos o nome do pai/nai ou titor que fai o ingreso.


Tamén vos recordamos que hasta o 30 de setembro hai prazo para a presentación de candidaturas para novos membros dá actual Xunta Directiva, se isto e así, necesitamos socios para poder seguir traballando .


Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2017 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2017/2018
Listaxe provisional de admitidos no reparto de libros para o curso 2017/2018.


As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.
LISTAXE PROVISIONAL
Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2017 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º ED. PRIMARIA
Os pais/nais/titores do alumnado de 6º E. Primaria poderán recoller os Historiais Académicos en horario de 10.00 a 13.00 h. na secretaría do centro.
Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2017 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL E LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018
Os vales de libros e de material para o vindeiro curso 2017/2018 pódense pasar a recoller a partir de hoxe día 11 de xullo de 2017 en horario de 10 a 12:30 da mañá.
Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2017 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18
Na páxina Web do Centro están os arquivos adxuntos onde poden consultarse os libros de texto para o vindeiro curso 2017/18
Categoría: A asociación - Publicado o 22-06-2017 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
AXENDA ESCOLAR CURSO 2017/18
Queremos comentarvos que desde o ANPA Pedras Brancas e coa aprobación da directiva do Centro levouse acabo para o próximo curso 2017/18 a elaboración dunha axenda escolar.


Poderán adquirise a partir de setembro na nosa oficina por un módico prezo:
3€ Prezo Socio do ANPA
5€ Prezo non Socio do ANPA
Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2017 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
FAITE SOCIO PARA O VINDERIO CURSO 2017/18
Descarga a ficha, cúbrea e entrégaa na nosa oficina.

Benefíciate dos descontos das tendas colaboradoras co ANPA.
ENLACE PDF PARA DESCARGAR A FICHA DE SOCIO
Categoría: Faite socio - Publicado o 19-06-2017 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
AGRADECEMENTO
Un ano máis, querémosvos agradecer a todos pola vosa colaboración e participación na festa celebrada o pasado venres día 9.

Tamén queremos agradecer aos organizadores das actividades extraescolares, por facer posible a realización da mesma.


¡Moitas grazas a todos!
Categoría: A asociación - Publicado o 14-06-2017 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLAS BALONMÁN XIRIA - VERÁN 2017

ESCOLAS VERÁN 2017

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas “Escolas Deportivas e Culturais 2017″ que organizar Escolas Balonmán Xiria, e que cumpren a súa 24ª edición. Clicando no enlace e poderás acceder a toda a información necesaria.
TRÍPTICO
Categoría: A asociación - Publicado o 06-06-2017 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA FIN DE CURSO
Este ano dende o ANPA Pedras Brancas queremos pechar o curso cunha festa para todas as familias do Centro. Será o vindeiro venres día 9 de Xuño de 18:00h a 21:00h.

Ás 18:00h comezaremos coas exhibicións de patinaxe, baile, xadrez...,e a partir das 19:00h teremos xogos para toda a familia, nenas, nenos, nais e pais nunha xornada de diversión na que desexamos que a familia do CEIP Fogar sega a medrar.
E por suposto, merendola para a que debedes aportar alimentos e bebidas que estimedes oportuno (tortilla, empanada, bolsas de snacks, postres…), para compartir cos participantes na Festa.

Será necesario a confirmación de cada asistente enviando un SMS ou Whatssap ao 609560955 indicando o nome dos/as nenos/as e o número de asistentes.(O prazo para apuntarse remata o mércores 7 de Xuño).

Entraremos polo portal da Rúa Vila de Noia (portal novo) e as actividades desenvolveranse no Pavillón do CEIP Fogar.

Dende a ANPA agradecémosvos a todos a vosa colaboración.
Categoría: A asociación - Publicado o 05-06-2017 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org