ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

INFORMACIÓN CURSO ESCOLA DE PAIS
Estimados pais/nais:
A Asociación “VIEIRO”, en colaboración coa ANPA Pedras Brancas do CEIP Fogar, convoca a ESCOLA DE PAIS E NAIS dentro da programación de PREVENCIÓN no ÁMBITO FAMILIAR. A finalidade desta Escola é informar e formar a pais e nais á hora de desenvolver o labor de educadores.
Os contidos de dito curso consta dos seguintes temas:
AUTOESTIMA – RESOLUCIÓN DE CONFLITOS – NORMAS E CASTIGOS-REDES SOCIAIS E INTERNET-HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO – LÍMITES E AUTORIDADE POSITIVA – PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS –ESTILOS EDUCATIVOS DOS PAIS/NAIS E A INFLUENZA NO COMPORTAMENTO DOS SEUS FILLOS/FILLAS OU OUTROS TEMAS A ELEXIR.

Este curso é TOTALMENTE GRATUITO. Será impartido por unha psicóloga nas instalacións do colexio. A duración do curso será de 7 meses (de Novembro a Maio) con clases presenciais semanais dunha hora e media de duración. (Aula sen confirmar , o día será todos os luns de 9:30 hr a 11:00 hr)
A inscrición farase nas oficinas da ANPA Pedras Brancas (en horario de Martes e Xoves de 9.30h. a 10:30h.) ou a través do noso correo electrónico info@anpapedrasbrancas.org.

O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 19 de outubro.

Sen outro particular, aproveitamos a oportunidade para animarvos e invitarvos a participar neste curso de vital importancia para a educación dos nosos fillos.


Un saúdo,
ANPA PEDRAS BRANCAS
Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2018 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org