ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BENVIDA AO NOVO CURSO
BENVIDA AO NOVO CURSO

Estimadas familias,

Dende a ANPA Pedras Brancas querémosvos dar a benvida á comunidade educativa do CEIP Fogar a aquelas familias que acabades de matricular aos vosos/as fillos/as neste Centro e aproveitamos para lembrar algúns aspectos interesantes para aqueloutras que pertencen á mesma.
A ANPA componse de:
 Unha Asemblea Xeral, formada por todos os socios da ANPA que se reúne, como mínimo, unha vez ao ano e na que se deciden por maioría os asuntos da súa competencia, nela tamén se poden expoñer dúbidas, queixas e suxestións.
Unha Xunta Directiva, integrada por un/a Presidente/a, un/a Tesoureiro/a, un/a Secretario/a e varios vogais, que participan de forma activa e que forman parte da ANPA.

A ANPA ten como obxectivos máis importantes os seguintes:
 Participar no proceso educativo.
 Proporcionar unha vía máis de facer chegar ao colexio a opinión das familias dentro das súas competencias.
 Realizar actividades que tenden a fortalecer e potenciar a participación das familias no proceso educativo, como poden ser, a organización de charlas sobre temas educativos, actividades culturais para os nenos/as do colexio, etc.

A ANPA tamén participa no proceso educativo a través do representante que ten no Consello Escolar do Centro. As funcións do Consello Escolar son, entre outras: formular propostas sobre a programación xeral do Centro, aprobar o proxecto educativo, aprobar o regulamento de réxime interno, aprobar a xustificación doutros gastos, analizar e valorar o funcionamento do Centro e propoñer medidas que favorezan a convivencia no Centro.

Lembrarvos que podedes facervos socios da ANPA PEDRAS BRANCAS por tan só 12€ por familia. É unha cifra simbólica para que os que teñades vontade de colaborar.
Se vos facedes socios por primeira vez podedes pasar pola oficina da ANPA e cubrir a ficha, ou ben, podedes descargar a ficha que está na blogoteca, dentro da categoría "Faite socio", unha vez cuberta cos vosos datos se pode entregar na oficina ou enviala por correo electrónico ou ou correo postal xunto co xustificante do pago. Podendo tamén facer ou pagamento na oficina da ANPA.
Se xa sodes socios do ano pasado só tedes que pagar a cota na oficina ou mediante banco, e entregar o xustificante de pago indicándonos o nome do pai/nai ou titor que fai o ingreso.

IBAN Número Conta Banco Abanca
ES84 2080 3118 1730 4000 2925


Ademais a ANPA participa na "vida escolar" ofrecendo ás familias charlas e cursos de formación dentro do ámbito da "Escola de Pais".
Para terminar, dicirvos que podedes contactar coa ANPA a través do correo electrónico, en facebook, na caixa de correos de suxestións ou dirixirvos directamente a oficina no noso horario de Martes e Xoves de 09:30 a 10:30 horas.

A Xunta Directiva renóvase cada dous anos, xa que os nosos/ as fillos/as medran e acaban deixando o colexio. Se queres participar dunha maneira máis activa na comunidade educativa, non dubides en contactar porque dun modo ou outro todos/as podemos ser útiles. Se pola contra, non desexas ou non che é posible pertencer á Xunta directiva, de igual modo a túa COLABORACIÓN, a túa OPINIÓN e o teu VOTO son necesarios nas Asembleas. Acode a elas e participa.


Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Pedras Brancas
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-09-2018 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org