ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Programa Concilia
O Concello de Carballo quere continuar para o curso 2014-15 co Programa “Concilia”. Este programa ofrece atención aos escolares antes do inicio das clases polas mañás ( de 7:30 a 9:30), inclúe a acollida, protección, vixilancia ao tempo que participan en actividades didácticas e de ocio. Pode incluír optativamente o almorzo.

Se algunha familia está interesada en participar no programa deben contactar co Concello no Departamento de Servizos Sociais na súa sede da Avenida do Ambulatorio, s/n, ou nos teléfonos 981 700 688 / 981704 706.

Está previsto que o prazo de matricula para o curso 2014-15 comece o 1 e remate o 22 de agosto.

No enlace adxunto podedes ver a ordenanza reguladora dos servizos do “Programa Concilia” e dos seus prezos públicos, publicada no BOP de 19 de xuño de 2013.
Ordenanza municipal del Programa Concilia
Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2014 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org