ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentación
¿ Que fai a Anpa Pedras Brancas?
1. Representa ás nais e ós pais na comunidade escolar e está presente no Consello Escolar con voz e voto na toma de decisións.
2. Asiste ás nais e ós pais nas súas relacións co centro e demais actores da comunidade educativa.
3. Organiza actividades culturais, formativas e recreativas extraescolares.
4. Organiza actividades formativas e sociais para as nais e os pais.
5. Fomenta as realcións de cooperación do Centro con outros centros escolares e outras entidades do entorno.
6. Realiza xestións e acordos para que ás familias realicen un menor esforzo económico coa escolarización dos seus fillos.

¿ Quen pode ser da Anpa ?
Todas as nais e os pais que teñan fillas ou fillos escolarizados no CEIP Fogar de Carballo, ou ben os representates legais das nenas ou dos nenos, que así o soliciten e aboen a cota de socio.

¿ E eu como podo participar ?
- O primeiro que podes e debes facer é asociarte á Anpa.
- Participar nas Asambleas que se convoquen.
- Expor as túas ideas, problemas e suxerencias.
- Participar na Xunta Directiva da ANPA.

¿ Como funciona ?
Como calquera asociación a Anpa ten dous órganos de representación, a Asemblea e a Xunta Directiva.
A Asemblea reunirase como mínimo unha vez ó ano. A Directiva é elexida entre nais e pais que se presentan de forma voluntaria.

Categoría: A asociación - Publicado o 07-06-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org