ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CIRCULAR 1/2017
Por queixas de varios asistentes a asemblea de que as circulares non lle chegan ou lle chegan tarde. Decidimos a partir da data publicar no blogue ademais de no facebook as circulares que enviamos aos nenos/as a través do cole.


CIRCULAR 1/2017


Na Asemblea do día 02 de xuño, expúxose a necesidade de renovación da Xunta Directiva, xa que nós estivemos ao fronte dous anos, formando parte de distintas comisións, e no Consello escolar, e cremos que é necesario achegar novas ideas, facer novos proxectos, etc.
Que unhas nais/pais esteamos na ANPA, non significa que teñamos a voz cantante no Colexio, polo que necesitamos da vosa axuda constantemente, para poder levar a cabo todos os plans, proxectos e suxestións que consideremos “entre todos”. En todo momento somos representantes dos nosos fillos no colexio, e todos debemos involucrarnos na mellora continua da educación dos mesmos. Para facer efectivos os nosos dereitos, temos que participar dos órganos establecidos, e configurar unha ANPA forte, composta pola gran maioría das familias.
Moitas nais/pais e titores, aínda pensan que a ANPA é un colectivo que está no colexio para organizar festas, unha asociación á que poden recorrer cando teñen algún problema, cando a realidade é moitísimo máis. Ademais, continúan sendo remisos a asistir as asembleas, e a pagar as cotas correspondentes, porque non saben para que serven. Insistimos, en que non só estamos para que recorran a nós, as familias cando haxa problemas, tamén temos un papel formador, por exemplo, de cursos que impartimos para nais/pais e titores.
Finalizado o prazo para a presentación de candidatos, e ao non presentarse ninguén; entre os membros da Xunta Directiva existente, tomouse a decisión de formar unha nova Xunta directiva, e continuar ao fronte da mesma, para non ter que doar os cartos de todos os socios, aprobada na Asemblea do día 10 de novembro.
Polo tanto, este ano agardamos seguir colaborando na medida do posible co colexio, á vez que tentamos ser un apoio para as familias. Pero, a nova Xunta Directiva, non dispón do tempo necesario para traballar activamente en todos os proxectos, e por decisión tomada na Asemblea do 10 de novembro de que NON haberá participación da ANPA, nas festas escolares (Nadal, Entroido, Festa Campestre e na Festa Fin de Curso,etc), é INDISPENSABLE, que nais/pais e titores, formen parte da xunta directiva, así como NECESARIO que sexamos a maior cantidade de socios posibles.
E INSISTIMOS NA NECESIDADE DA VOSA PARTICIPACIÓN.

Enviaremos un correo a todos os socios ca memoria correspondente ao curso pasado 2016-2017, onde se redactan todas as actividades realizadas pola Anpa.


Un saúdo,
ANPA “Pedras Brancas”
Categoría: Circulares - Publicado o 13-12-2017 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org