ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HABITOS DE ESTUDO

Éste venres 24 DE abril, ás 10:00h, teremos unha nova charla na aula de usos múltiples do CEIP FOGAR, que leva por título: “HÁBITOS DE ESTUDO”. A charla impartiraa a psicóloga e logopeda ADELA RODRIGUEZ NUÑEZ, na que nos dará unhas pautas sobre a mellor maneira de coller e mellorar hábitos para a súa etapa de estudo dende o inicio escolar.
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 23-04-2015 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
A FAMILIA COMO CONTEXTO SOCIALIZADOR
O venres 21 de novembro, ás 20.30 no Forum de Carballo, Mª Luísa Abad impatirá unha charla sobre a familia como contexto socializador.

A Anpa Pedras Brancas como colaboradora do evento a través da Federación de Anpas Costa da Morte, invíta a toda a comunidade educativa do CEIP Fogar a esta charla, que se integra nos espazos formativos que organiza a Asociación Sociopedagóxica Galega (ASPG), coa colaboración da Deputación da Coruña.

O papel das familias é fundamental para educar, para combater calquera tipo de vilolencia. As criaturas aprenden dentro da familia a integrar as súas relacións, absorben como esponxas os xeitos de se comportaren das persoas adultas.
Como nais e pais temos unha grande responsabilidade no establecemento de boas pautas para que as relacións que establezan con posterioridade as nosas fillas e fillos sexan as axeitadas.
Folleto
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 18-11-2014 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
A PRESENZA DO MENORES NA REDE

O venres 14 de novembro, ás 20.30 no Forum de Carballo, Jorge Castro Ruso impatirá unha charla sobre a presenza dos menores na rede.

A Anpa Pedras Brancas como colaboradora do evento a través da Federación de Anpas Costa da Morte, invíta a toda a comunidade educativa do CEIP Fogar a esta charla, que se integra nos espazos formativos que organiza a Asociación Sociopedagóxica Galega (ASPG), coa colaboración da Deputación da Coruña.

O programa da charla é o seguinte:
- As principais ferramentas que usan, principalmente a través do mobil
- Os principais riscos aos que están expostos
- O moito positivo que a Rede lles achega

Folleto da actividade
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 11-11-2014 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
O uso educativo de Internet
Anuncio da actividade
A Aula de Nais e PAis do Fogar, dentro do ciclo de “INTERNET E NOVAS TECNOLOXIAS”, presenta a charla sobre o “O USO EDUCATIVO DE INTERNET”.
O poñente será Manuel García Gómez (proxecto AbalarMóbil),que disertará sobre recursos educativos (coma complemento o aprendido nas aulas), decálogos e normas de uso dos dispositivos electrónicos para os nosos fillos, programas de control parental, etc. Contamos com vós!
Data: venres 25 de abril de 2014 Hora: 10:00h.
Lugar: Aula de audiovisuais do CEIP FOGAR.
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 24-04-2014 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
INTERNET E REDES SOCIAIS
Cartel da actividade
Estreamos unha nova iniciativa da ANPA Pedras Brancas á que chamamos Aula de Nais e Pais do Fogar, pola que tentamos ofrecer actividades formativas e divulgativas sobre diversos temas educativos, socias e outros de interesse para as familias, e con vocación de continuidade no tempo.
Para estrear esta actividade presentamos “INTERNET E REDES SOCIAIS". Para elo contaremos cun representante cualificado das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cunha charla que se enmarca dentro do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e máis nos seus contornos, sobre riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.
Data: venres 4 de abril de 2014
Lugar: Aula de audiovisuais. CEIP FOGAR
Hora: 10.00
Categoría: Aula de Nais e Pais do Fogar - Publicado o 01-04-2014 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org