ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18
Na páxina Web do Centro están os arquivos adxuntos onde poden consultarse os libros de texto para o vindeiro curso 2017/18
Categoría: A asociación - Publicado o 22-06-2017 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
AGRADECEMENTO
Un ano máis, querémosvos agradecer a todos pola vosa colaboración e participación na festa celebrada o pasado venres día 9.

Tamén queremos agradecer aos organizadores das actividades extraescolares, por facer posible a realización da mesma.


¡Moitas grazas a todos!
Categoría: A asociación - Publicado o 14-06-2017 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLAS BALONMÁN XIRIA - VERÁN 2017

ESCOLAS VERÁN 2017

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas “Escolas Deportivas e Culturais 2017″ que organizar Escolas Balonmán Xiria, e que cumpren a súa 24ª edición. Clicando no enlace e poderás acceder a toda a información necesaria.
TRÍPTICO
Categoría: A asociación - Publicado o 06-06-2017 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA FIN DE CURSO
Este ano dende o ANPA Pedras Brancas queremos pechar o curso cunha festa para todas as familias do Centro. Será o vindeiro venres día 9 de Xuño de 18:00h a 21:00h.

Ás 18:00h comezaremos coas exhibicións de patinaxe, baile, xadrez...,e a partir das 19:00h teremos xogos para toda a familia, nenas, nenos, nais e pais nunha xornada de diversión na que desexamos que a familia do CEIP Fogar sega a medrar.
E por suposto, merendola para a que debedes aportar alimentos e bebidas que estimedes oportuno (tortilla, empanada, bolsas de snacks, postres…), para compartir cos participantes na Festa.

Será necesario a confirmación de cada asistente enviando un SMS ou Whatssap ao 609560955 indicando o nome dos/as nenos/as e o número de asistentes.(O prazo para apuntarse remata o mércores 7 de Xuño).

Entraremos polo portal da Rúa Vila de Noia (portal novo) e as actividades desenvolveranse no Pavillón do CEIP Fogar.

Dende a ANPA agradecémosvos a todos a vosa colaboración.
Categoría: A asociación - Publicado o 05-06-2017 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por medio da presente e na aplicación do artigo 18 dos Estatutos da ANPA Pedras Brancas, convócase a tódolos socios, pais e nais de alumn@s do CEIP Fogar á unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar no comedor do centro (entrada principal), o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:00h en Primeira Convocatoria e ás 20:30h. en Segunda Convocatoria, cun único punto na orde do día:

1º.- Fin mandato Directiva actual e elección dunha nova Xunta Directiva.


Un Saúdo
Categoría: A asociación - Publicado o 01-06-2017 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
OIKOS VERÁN

Programa infantil xullo e agosto 2017 para nen@s entre 4 e 12 anos.
Elixe entre unha ou varias actividades, días soltos, semanas, quincenas ou mes enteiro.
Todos os programas apostan pola diversidade funcional e son impartidos por profesionais da Psicoloxía, Pedagoxía e Logopedia.

Descontos para os socios da ANPA.

Máis información en http://www.espaciooikos.com/gl/oikos-verano-programa-infantil-2017/
Categoría: A asociación - Publicado o 25-05-2017 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS "ESCOLA E DIVERSIDADE"

Xornadas "ESCOLA E DIVERSIDADE" nas que colaboramos coa UdC.


Inscríbete no correo sinalado nas liñas inferiores do cartaz que engadimos. Contamos contigo!
Categoría: A asociación - Publicado o 25-05-2017 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Escritor Carlos Casares será homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Carlos Casares naceu en Ourense en 1941 e faleceu en Nigrán, preto de Vigo, no 2002, tras ser un dos intelectuais máis influentes da Galicia contemporánea. Non só como escritor e tradutor, senón tamén como pensador, político e xestor cultural.

Autor dunha decena de novelas, de entre as que Deus sentado nun cadeira de brazos azul- foi a máis difundida; e tamén de varias obras infantís. A rede de garderías públicas da Xunta leva o nome dunha delas, A galiña azul-, Casares chegou ao público sobre todo a través da súa faceta como articulista, á que se consagrou durante decenios nas páxinas de La Voz de Galicia.
Categoría: A asociación - Publicado o 17-05-2017 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Categoría: A asociación - Publicado o 15-05-2017 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA NAI

Desde o ANPA queremos felicitar a todas as nais no seu día.
Categoría: A asociación - Publicado o 07-05-2017 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org