ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTACONTOS LA LUPA LUNATICA

Pasarono moi ben estes peques de Educación Infantil nas xornadas de contacontos. Gracias Lupa Lunática por eses dous dias que pasaches con eles.
Categoría: Actividades - Publicado o 01-12-2016 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
PILATES
¡Atención Familias!

Lembrámosvos que aínda estase a ofertar a actividade de PILATES para aqueles pais e nais que desexen anotarse.

A actividade levase a cabo os martes e xoves de 19:00h. a 20:00h. da tarde nas instalacións do colexio. O custo da actividade: 15€ para os socios e 18€ para os NON socios.

Para anotarse podédesvos dirixir ás oficinas da ANPA en horario de apertura (luns de 17:00 a 18:30, martes e xoves de 9:30 a 10:30), telefonicamente no mesmo horario ou por correo electrónico(info@anpapedrasbrancas.org).

Categoría: Actividades - Publicado o 23-11-2016 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS LA LUPA LUNATICA

Categoría: Actividades - Publicado o 14-11-2016 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
PILATES PARA NAIS E PAIS
Dende a ANPA Pedras Brancas do CEIP Fogar imos ofertar PILATES para aquelas nais e pais que desexen anotarse.

A actividade levarase a cabo os martes e xoves de 19:30h. a 20:30h.da tarde nas instalacións do colexio. O custo da actividade será de 15€ para os socios e 18€ para os NON socios.

O número de prazas que se ofertan é de dez (10) tendo en conta a orde de inscrición.

A data límite para anotarse será o vindeiro mércores 2 de novembro.

Para anotarse dirixirse as oficinas da ANPA en horario de apertura (luns de 17:00 a 18:30, martes e xoves de 9:30 a 10:30) ou telefónicamente no mesmo horario.

Categoría: Actividades - Publicado o 18-10-2016 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
FUN SPORT XIRIA

Este domingo primeira xornada de Fun Sport Xiria 2016. No Pavillón do CEIP Fogar, de 11:00 a 12:30,para nen@s de 1º a 5º de Primaria.
NON FALTES!!!
Categoría: Actividades - Publicado o 11-02-2016 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
CONTANDO EN FEMININO. LISÍSTRATA ASOCIACIÓN CULTURAL

O Venres 23,as 11:00 horas, o CEIP Fogar celebrou o Día da Biblioteca con "Contando en Feminino", historias e contos cos que disfrutaron 200 nenos de primaria. O evento foi organizado pola ANPA "Pedras Brancas" e en colaboración coa Diputación.
Categoría: Actividades - Publicado o 28-10-2015 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
CONTANDO EN FEMININO
 
Categoría: Actividades - Publicado o 21-10-2015 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades extraescolares 2015-16
A continuación vos facilitamos a información básica das actividades extraescolares para o curso 2015-16. Cómo no curso pasado, as actividades divídense entre as que se ofertan a tódolas alumnas e alumnos e as dirixidas so a usuarios de comedor. Á súa vez as actividades están organizadas por cursos (infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria).

ACTIVIDADES E CURSOS
(de 16.15 a 17.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe, Xadrez
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola de Patinaxe, Xadrez
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS:Escola de Patinaxe, Xadrez

Baile se desenvolve de 15.30 a 16.30

ACTIVIDADES DIRIXIDAS AUSUARIOS DE COMEDOR
(de 15.15 a 16.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Xadreez
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez

Mais información nos arquivos adxuntos
Ficha de preinscrición e normas das actividades extraescolares
Ficha de preinscrición e normas das actividades de comedor
Categoría: Actividades - Publicado o 14-06-2015 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido 2015
Circo
Este ano no Colexio Fogar escollemos como lema do entroido “o mundo do circo”, e iremos disfrazados de pallasos, de trapecistas, de domadoras, …

Anticipando a festa o Rei Meco ditou o seguinte mandado:

O luns: Para o mundo do circo pertencer unha garabata has traer.
O martes: Pon hoxe un calcetín de distinta cor para que o pallaso non te molle coa súa flor.
O mércores: Un pucho has de traer se malabares queres facer
O xoves: Se no mundo do circo has traballar algo na túa cara has de pintar.
O venres: Agora ti decides o que queres !!! Pallaso, funambulo, trapecista, domador, … Arránxate para a ocasión!!!

Coa Colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carballo.
Categoría: Actividades - Publicado o 04-02-2015 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES EXTRAESCOLERES 2014-15
Carballo Deporte
A continuación vos facilitamos a información básica das actividades extraescolares para o curso 2014-15. Cómo no curso pasado, as actividades divídense entre as que se ofertan a tódolas alumnas e alumnos e as dirixidas so a usuarios de comedor. Á súa vez as actividades están organizadas por cursos (infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria).

Pregamos ás familias que sexan consecuentes coas decisións que toman ao inscribir às súas fillas e aos seus fillos nas actividades e os envíen de xeito regular, pois as faltas de asistencia repetidas e aleatorias, prexudican á calidade da actividade e non axudan aos participantes a reforzar a noción de responsabilidade nas eleccións/decisións que se toman.


ACTIVIDADES E CURSOS
(de 16.15 a 17.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escolas Patinaxe.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura, Música (guitarra).
DEPORTIVAS: Escola Deportes de Raqueta, Escola dePatinaxe, Xadrez, Escolas Deportes Loita
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura, Música (guitarra).
DEPORTIVAS: Escola Deportes de Raqueta, Escola de Patinaxe, Xadrez, Escolas Deportes Loita
BAILE DEPORTIVO
Desta actividade enviarase cumprida información no mes de setembro. Como adianto podemos informar que variará o seu horario e pasará a desenvolverse dous días á semana.

Recordade que para participar en estas actividades hai que ser socio da ANPA e adherirse à correspondente póliza de seguro de accidentes.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS AUSUARIOS DE COMEDOR
(de 15.15 a 16.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez

Actividades extraescolares
Actividades para usuarios de comedor
Categoría: Actividades - Publicado o 09-07-2014 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org