ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA INTERNACIONAL DA NENA
O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena, e aínda que somos conscientes de que dedicar un só día a unha causa pode servir de pouco, cremos que pode ser o detonante dun cambio de mentalidade para que cando as nenas de hoxe sexan mulleres de mañá, a igualdade de oportunidades pola que todas e todos loitamos sexa unha realidade.

Por iso, dende a Concellaría de Igualdade e Benestar lanzan unha campaña de apoio ás nosas "pequenas superheroínas".
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-10-2018 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental, este ano centrado na mocidade e nos problemas que presenta. As asociacións que agrupan pacientes e familiares aproveitan esta xornada para reivindicar a necesidade de que a saúde mental dos máis novos estea na axenda política para tratar de evitar que os trastornos mentais sexan a primeira causa de discapacidade en 2030, como advirte a Organización Mundial da Saúde.
Entre o 10 e o 20 por cento dos nenos, nenas e adolescentes teñen problemas de saúde mental. A metade das enfermidades mentais presenta síntomas antes dos 14 anos e en tres de cada catro casos vanse manifestar antes dos 24.
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-10-2018 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA NA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
Carballo súmase por terceiro ano consecutivo á conmemoración da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa anual que se desenvolve entre o 16 e o 22 de setembro e que ten coma finalidade promover entre a poboación alternativas de transporte sustentable. E aínda que é un obxectivo “no que temos que traballar todos os días, durante unha semana imos desenvolver unhas xornadas especiais aproveitando a convocatoria que se fai a nivel europeo”.

O martes haberá outra actividade novidosa, o I Festival de xogos e deportes tradicionais galegos, que permitirá a nenos/as e maiores desfrutar cos xogos do Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), con sede en Ponteceso.


A Praza do Concello volverá a ser o punto de encontro o mércores para unha Xornada de seguridade viaria que de novo contará coa participación dos clubs ciclistas locais e a Policía Local. De 17.00 a 19.00 horas instalarase un circuíto no que se ofrecerán aos nenos e as nenas participantes nocións básicas para camiñar seguros en bici e ao mesmo tempo prepararase a ruta urbana programada para o sábado 22 para pechar a Semana Europea da Mobilidade.


A Semana Europea da Mobilidade inclúe nesta edición unha ruta guiada a pé polos proxectos de arte urbana promovidos polo Concello de Carballo.
Categoría: Actividades - Publicado o 18-09-2018 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDA AO NOVO CURSO
BENVIDA AO NOVO CURSO

Estimadas familias,

Dende a ANPA Pedras Brancas querémosvos dar a benvida á comunidade educativa do CEIP Fogar a aquelas familias que acabades de matricular aos vosos/as fillos/as neste Centro e aproveitamos para lembrar algúns aspectos interesantes para aqueloutras que pertencen á mesma.
A ANPA componse de:
 Unha Asemblea Xeral, formada por todos os socios da ANPA que se reúne, como mínimo, unha vez ao ano e na que se deciden por maioría os asuntos da súa competencia, nela tamén se poden expoñer dúbidas, queixas e suxestións.
Unha Xunta Directiva, integrada por un/a Presidente/a, un/a Tesoureiro/a, un/a Secretario/a e varios vogais, que participan de forma activa e que forman parte da ANPA.

A ANPA ten como obxectivos máis importantes os seguintes:
 Participar no proceso educativo.
 Proporcionar unha vía máis de facer chegar ao colexio a opinión das familias dentro das súas competencias.
 Realizar actividades que tenden a fortalecer e potenciar a participación das familias no proceso educativo, como poden ser, a organización de charlas sobre temas educativos, actividades culturais para os nenos/as do colexio, etc.

A ANPA tamén participa no proceso educativo a través do representante que ten no Consello Escolar do Centro. As funcións do Consello Escolar son, entre outras: formular propostas sobre a programación xeral do Centro, aprobar o proxecto educativo, aprobar o regulamento de réxime interno, aprobar a xustificación doutros gastos, analizar e valorar o funcionamento do Centro e propoñer medidas que favorezan a convivencia no Centro.

Lembrarvos que podedes facervos socios da ANPA PEDRAS BRANCAS por tan só 12€ por familia. É unha cifra simbólica para que os que teñades vontade de colaborar.
Se vos facedes socios por primeira vez podedes pasar pola oficina da ANPA e cubrir a ficha, ou ben, podedes descargar a ficha que está na blogoteca, dentro da categoría "Faite socio", unha vez cuberta cos vosos datos se pode entregar na oficina ou enviala por correo electrónico ou ou correo postal xunto co xustificante do pago. Podendo tamén facer ou pagamento na oficina da ANPA.
Se xa sodes socios do ano pasado só tedes que pagar a cota na oficina ou mediante banco, e entregar o xustificante de pago indicándonos o nome do pai/nai ou titor que fai o ingreso.

IBAN Número Conta Banco Abanca
ES84 2080 3118 1730 4000 2925


Ademais a ANPA participa na "vida escolar" ofrecendo ás familias charlas e cursos de formación dentro do ámbito da "Escola de Pais".
Para terminar, dicirvos que podedes contactar coa ANPA a través do correo electrónico, en facebook, na caixa de correos de suxestións ou dirixirvos directamente a oficina no noso horario de Martes e Xoves de 09:30 a 10:30 horas.

A Xunta Directiva renóvase cada dous anos, xa que os nosos/ as fillos/as medran e acaban deixando o colexio. Se queres participar dunha maneira máis activa na comunidade educativa, non dubides en contactar porque dun modo ou outro todos/as podemos ser útiles. Se pola contra, non desexas ou non che é posible pertencer á Xunta directiva, de igual modo a túa COLABORACIÓN, a túa OPINIÓN e o teu VOTO son necesarios nas Asembleas. Acode a elas e participa.


Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Pedras Brancas
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-09-2018 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
HORARIO DE ENTRADA PARA O INICIO DE CURSO
O horario de entrada do alumnado para o vindeiro día 12 de setembro será o seguinte:


EDUCACIÓN INFANTIL:
4º nivel (3 ANOS):Comentarase na reunión do día 11
5º nivel (4 ANOS): 10:30
6º nivel (5 ANOS): 10:30

EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º e 2º nivel : 11:00
3º e 4º nivel : 10:15
5º e 6º nivel : 09:30

O alumnado de transporte entrará TODO ás 09:30 horas.
Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2018 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN FAMILIAS ALUMNOS/AS 4º EDUCIACIÓN INFANTIL
O vindeiro martes día 11 ás 11:30 horas no comedor do colexio terá lugar a reunión inicial cos pais dos nenos/as de 4º de infantil (3 anos).
Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2018 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
BOAS VACACIÓNS
Estimadas familias:

De novo un curso máis e un verán por diante para poder recargar as enerxías necesarias para afrontar con ilusión novos retos. Pensamos especialmente nos alumnos que nos deixan para comezar unha nova etapa nas súas vidas. Desde aquí desexámoslles todo o mellor. E desde aquí tamén quixésemos aproveitar este momento de fin de curso para que o próximo curso animédesvos a colaborar na asociación para que siga adiante , pois sen a vosa participación non podería existir. Lembrámosvos que o custo da cota de socios é de 12€ por familia.

Así mesmo queremos dar as GRAZAS a tod@s os que dalgunha maneira dedicástesnos o voso traballo e o voso tempo.

Sen máis, desexámosvos un feliz verán e unhas merecidas vacacións.


Xunta directiva Anpa Pedras Brancas
Categoría: A Asociación - Publicado o 21-06-2018 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN DO MAGO BENXAMÍN
O ANPA trouxo un ano máis ao mago Benxamín ao cole.
Actuou o venres pasado presentando o seu novo espectáculo cheo de maxia e humor, onde os nenos foron os protagonistas.

A maxia é unha actividade que estimula a mente dos nenos á vez que lles divirte. Non hai nada que atraia máis aos nenos que a maxia, senten fascinación por ela.
Categoría: Actividades - Publicado o 08-06-2018 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
FAITE SOCIO PARA O VINDEIRO CUROS 2018/19
Descarga a ficha, cúbrea e entrégaa na nosa oficina.

Benefíciate dos descontos das tendas colaboradoras co ANPA.


ENLACE PDF PARA DESCARGAR A FICHA DE SOCIO
Categoría: Faite socio - Publicado o 05-06-2018 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2018

A Asociación Cultural Lumieira organiza para o xoves 17 de Maio a XXXVIII edición do concurso de Debuxo e Pintura na praza do Concello de Carballo.
Poderán participar tod@s os nen@s que cursen estudos desde primeiro de Primaria ata primeiro e segundo da Eso.

- Os debuxos terán temática libre.
- O material correrá a cargo da Asociación.
- Haberá agasallos para @s nen@s de educación infantil que queiran pintar con nós. Catro categorías, según o curso, e tres agasallos en cada categoría.
-Ó final do concurso de Debuxo e Pintura, sortearanse dúas bicicletas entre tod@s @s nen@s inscritos.

Anima ós teus a participar!!
Categoría: Actividades - Publicado o 16-05-2018 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org