|
|
|
|
| Resultado do sorteo para o spa de Moaña |
|
 O número gañador dunha entrada para dúas persoas para o spa de Moaña, no sorteo celebrado no festival das letras galegas en beneficio da viaxe dos/as nenos/as de 6º, foi o 253
¿a quen lle tocaría? ...
¿quen será o gañador ou gañadora? ... |
|
|
|
|
| RESULTADOS DO CROSS DE BEADE 2010 |
|
Celebrouse hoxe a XXXIV edición do cross de Beade. Cunha gran participación de rapaces e rapazas, O decano dos croses escolares de Vigo volveu ser unha gran festa.
AQUÍ TENDES OS RESULTADOS:
preme neste cadradiño para pantalla completa |
|
|
|
|
| XXXIV EDICIÓN DO CROSS DE BEADE |
|
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Coutada-Beade organiza o día 14 de marzo de 2010 a partir das dez e media da mañá a trixésima cuarta edición do CROSS ESCOLAR de Beade. circuito da carreira, Regulamento da carreira
SE ESTÁS INSCRITA/O COMPRÓBATE NAS LISTAXES: (move a barra de desplazamento da dereita para abaixo co rato para ir pasando follas)
LISTAS ACTUALIZADAS A 13 DE MARZO ÁS 14:00
(preme neste cadradiño para pantalla completa)
As categorías participantes son as seguintes:
PREBENXAMIN,
BENXAMÍN,
ALEVIN,
INFANTIL,
CADETE,
PAIS
NAIS
E PITUFOS
|
|
|
|
|
| MAGNÍFICOS RESULTADOS NO ESCOLAR GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS |
|
 Entre os dez primeiros en individual das súas categorías:
David e Guillermo 1º (campión galego) e 2º clasificados en infantil masculino, Nati 6º en infantil feminino e Ángela 10º Cadetes femininos.
E por equipos, o infantil masculino en terceira posición
NORABOA A TODOS !!
VER GALERÍA DE FOTOS
TODOS OS RESULTADOS
|
|
|
|
|
| CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR |
|
Celébrase este sábado 6 de marzo, no circuito da praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, o campionato galego de campo a través escolar.
Programado, en principio, para o día 27 de febreiro suspenderase polo paso da "tormenta perfecta" polas nosas costas.
Sobre un percorrido de 2.500 metros, o Coutada-Beade estará representado:
* Polo equipo infantil masculino (David, Guillermo, Sergio e Tomás) que conseguiu, o día 30 de xaneiro, no campionato provincial en Guláns un magnífico segundo posto.
* Individualmente en Cadete feminino por Angela e en Infantil feminino por Nati
SORTE A TODOS ELES/AS !!! |
|
|
|
|
| MENÚ DO COMEDOR |
|
Preme aquí, para veres o menú do comedo deste mes:
MENÚ COMEDOR, de todos os xeitos, lembra que tes unha ligazón permanente ao menú de comedor na barra da esquerda da páxina. |
|
|
|
|
| INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010 |
|
PRAZO ABERTO ATA O 12 DE MARZO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2010. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na convocatoria e que non gozase dunha bolsa de inmersión en 2008 ou 2009. Para os alumnos de 6º de primaria son 830 prazas en campamentos ou residencias en Galicia, pagando 60 €.
Información:
páxina de xestión da axuda |
|
|
|
|
| A comparsa BEADE ANIMADO participou no entroido vigués 2010. |
|
Participou con gran exito no desfile do entroido de Vigo unha comparsa denominada "BEADE ANIMADO".
Con música da película "o libro da selva" desfilaron e bailaron unha chea de personaxes de debuxos animados: Brancaneves, os ananiños, a abella Maia e os seus amigos, os pitufos e o gato Asrael, Robin Hood, etc., etc.
estes vídeos, ao seren un pouco longos, poden tardar en cargar, ten paciencia, para non velos a saltos podes darlle a pausa e reproducilo cando estea cargado de todo,cando a liña vermella chegue ao final

VIDEO Nº 1:
Pulsando nesta imaxe podes ver en youtube o vídeo "Comparsa "BEADE ANIMADO" no entroido de Vigo 2010 (primeira parte)", coa comparsa no Areal, lista para desfilar. Este vídeo ten unha duración de 8:56 m.

VIDEO Nº 2:
Pulsando nesta imaxe podes ver en youtube o vídeo "Comparsa "BEADE ANIMADO" no entroido de Vigo 2010 (segunda parte)", coa comparsa desfilando polas rúas Rosalía Castro e Hospital. Este vídeo ten unha duración de 4:51 m.
Moitísimos dos compoñentes eran nais, pais e alumnos do colexio. Ademais o colexio foi o lugar de ensaio desta exitosa comparsa. |
|
|
|
|
| PROBLEMA DE LÓXICA |
|
Intenta solucionar o seguinte problema:
Un pastor ten que pasar un lobo, unha cabra e unha leituga á outra beira dun río, dispón dunha barca na que só caben el e unha das outras tres cousas. Se o lobo queda só coa cabra cómea, se a cabra queda soa coa leituga cómea, como debe facelo?.
Pon a éxplicación de como debe facer o pastor para cruzar o río nun papel co teu nome e curso e entrégao no local da Anpa antes do día 15 de xaneiro. Tamén o podes mandar por correo electrónico a anpacoutada@yahoo.es (pon en asunto "solución problema"). Os que acerten entrarán no sorteo de varios libros.
A PENSAR! |
|
|
|
|
| O BLOG DE BEATRIZ, A PROFE DE 2º |
|

Navegando, navegando ...
Atopamos un interesantísimo blog:
AVENTURAS DE PRIMARIA, realizado por Beatriz López, a profe de 2ºB.
Ten traballos dos seus nenos/as, tanto do noso cole como os do curso anterior que estaba no Porriño. Paga a pena velo, pincha na ligazón e compróbao.
AVENTURAS DE PRIMARIA |
|
|
|
|
|
|
|