Beiras: "A Xunta é unha UCI que recorta osíxeno e sangue aos pacientes para cadrar as contas".

Mércores, 09 Xaneiro 2013 14:27

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda tacha os Orzamentos do Goberno de Feijóo de "crime de lesa cidadanía".
"Non nos vale a lóxica destes Orzamentos, rexeitámola rotundamente".

A partir desta premisa, o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, impugnou a comparecencia en comisión parlamentaria da conselleira de Facenda, Elena Muñoz, para explicar os números da Xunta de Alberto Núñez Feijóo para 2013.

"Estas contas constitúen una conduta política anticonstitucional", engadiu Beiras, "que resulta ética e moralmente delitiva, por ser antisocial, son un crime de lesa cidadanía". Os datos amosan que o Goberno galego reduciu nun 7,2% os Orzamentos respecto dos de 2012 -655 millóns de euros, case a metade nos apartados relativos a sanidade e educación.

E a tendencia non é nova. Nos catro anos que Feijóo leva sentado en San Caetano, as arcas públicas perderon un de cada tres euros dispoñíbeis para financiar servizos públicos, investimento ou emprego. En definitiva, para financiar o benestar dos cidadáns.

O portavoz de Alternativa centrou a súa intervención en desmontar os principios ideolóxicos que rexen por tras dos Orzamentos da Xunta para 2013.

"A súa apoloxética dogmática viste de cores o seu obxectivo", expuxo, "ese que causa o empobrecemento e a miseria de gran parte do planeta e anemia do corpo social deste país".

Tres "corsés de chumbo" impiden calquera perspectiva de inverter a lóxica económica dominante no Goberno autónomo: o teito de gasto, o tope de déficit orzamentario e a priorización absoluta do pago dunha débeda que, en orixe, non foi pública.

"E vostedes non son máis que axentes liliputienses", acusou Beiras ao cadro directivo da Consellaría de Facenda, "ao servizo de poderes que nos queren borrar do mapa".




id

O deputado de AGE comparou a Xunta cunha "Unidade de Coidados Intensivos que recorta osíxeno e sangue aos pacientes para cadrar as contas". Pero, prognosticou, a este paso quedará "sen pacientes que tratar, porque estarán todos mortos".

Fronte ao presunto mantemento do gasto social que esgrimiu a conselleira Elena Muñoz, Beiras despregou as cifras reais que contén o proxecto de orzamentos do Goberno galego para este ano: una caída do 11% en investimento público, a sanidade e o ensino que soportan o 44% do axuste total (290 dos 655 millóns recortados) ou unha redución do 45% nas políticas de vivenda e do 40,4% na promoción de emprego.

"Estes orzamentos son un autobús sen freo cara ao inferno, e vostedes pisan o acelerador". Porque, a maiores, non é certo que non haxa diñeiro: "O sector superior da pirámide social é máis rico ca nunca".

Estas dinámicas orzamentarias de Feijóo implican, ademais, a eliminación da "escasa e precaria autonomía financeira da Xunta e, polo tanto, da autonomía política".

"Están convertendo isto nunha irrisión, están a dinamitar desde dentro a autonomía galega", explicou, xusto antes de concluír, "e a vostedes non sei se lles importa moito, pero para a xeración que loitou polo autogoberno, e para xentes de todas as xeracións que loitaron por iso, isto significa un crime.

E van quedar sen choio". anova-galiza.org/

Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 09-01-2013 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
A "aberrante" política de Núñez Feijóo encamiña a Galiza "cara ao inferno". Ante os datos do paro.

Xoves, 03 Xaneiro 2013

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda denuncia a política "aberrante" do goberno de Núñez Feijoo que encamiña a Galiza cara ao inferno

Xosé Manuel Beiras asegura que "os datos do paro son únicamente a punta do iceberg" e destaca que "a situación vaise agravar ainda máis cos orzamentos para 2013, que destrúen e mutilan os programas destinados a promoción de emprego"(Máis)

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2013 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-12-2012 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos galego na escola!
Derrogación XA do decretazo!


O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado ?decreto do plurilingüismo? son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade.(Máis)
Comentarios (1) - Categoría: Cambre - Publicado o 05-12-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2012 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo despreza ao sector lácteo e AGE reclama medidas urxentes ante a grave situación do sector
Mércores, 28 Novembro 2012.

O Grupo Parlamentario de AGE esixe medidas urxentes para paliar a grave situación dun sector estratéxico para Galiza e denuncian a actuación ?inaceptábel? no Parlamento ao desaloxar ?de malas formas a cidadás e cidadáns que unicamente trataban de expresarse?.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda manifestou o seu apoio e solidariedade co sector lácteo e as súas reivindicacións, reclamando solución ao drama que están a vivir os gandeiros e gandeiras do noso país.(Máis)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xosé Manuel Beiras e debate sobre o despoboamento en Galicia



Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 21-11-2012 15:01
# Ligazón permanente a este artigo


As consideracións de Beiras
Chegamos ao Parlamento
id
Comentarios (0) - Categoría: Eleccións 21-O-GZ 2012 - Publicado o 17-11-2012 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 07-11-2012 23:58
# Ligazón permanente a este artigo

Reunida hoxe en Santiago de Compostela a Coordinadora Nacional de ANOVA para avaliar o proceso electoral e os resultados das Eleccións Autonómicas do 21 de Outubro, acordou facer público o que segue:



1. Agradecer á cidadanía galega o seu apoio masivo, a ilusión e a confianza depositada na coalición Alternativa Galega de Esquerda, que se configura así como oposición xenuína ao desgoberno do PP.

2. Felicitar publicamente a Xosé Manuel Beiras polo seu magnífico labor de campaña desenvolvido e por saber representar e concitar co seu discurso os anceios de rebeldía dunha parte moi importante da cidadanía.


3. Facer mención expresa do labor realizado pola militancia de ANOVA e do conxunto de simpatizantes que colaboraron voluntariamente en levar a bo porto esta campaña, salientado a magnífica actividade dos mesmos nas redes sociais.

4. Valorar como excelentes o resultado electoral da nosa coalición malia que o descenso de máis de 500.000 votos das tres forzas presentes até agora no Parlamento Galego deu a maioría ao PP aparentando en escanos un avanzo que non tivo na sociedade.

5. Valorar como un grande acerto a decisión de ter feito un chamado a todas as forza nacionalistas e de esquerda para a conformación da unidade de acción para o Parlamento Galego, e que deu como resultado unha coalición con EU, Equo e Espazo Ecosocialista, e un Grupo Parlamentar comprometido como di o seu programa na ?Liberación nacional e social de Galiza?, en ?avanzar no exercicio da autodeterminación
... reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da soberanía nacional?, que defenderá os intereses da maioría social e servirá de altofalante ás voces da rúa na cámara galega.



Noutra orde de cousas, acordouse tamén a posta en marcha do traballo de
consolidación e organización de ANOVA acordado na súa asemblea constituínte do 14 de xullo, e adiado pola convocatoria electoral, que deberá estar rematado no mes de xaneiro
e como estaba previsto desencovará nunha Asemblea Nacional da nova organización
nacionalista de esquerda.


A Coordinadora Nacional acordou tamén neste encontro apoiar a folga xeral do vindeiro 14 de novembro.

Por último, ANOVA quere felicitar e solidarizarse co Fiscal xeral de Galicia o señor Varela polas súas declaracións nas que criticou os recortes sociais e denunciou a blindaxe dos mercados e a actitude dos gobernos que priorizan o ?mundo dos negocios? fronte as persoas.

Galiza a 27 de outubro de 2012

Comentarios (0) - Categoría: Eleccións 21-O-GZ 2012 - Publicado o 29-10-2012 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido
O meu perfil
anovacambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES








Contador web

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0