Cambre, 12 de marzo de 2013

Anova Irmandade Nacionalista considerou unha auténtica aberración a colocación dun módulo de servizo público portátil na entrada do Parque da Igrexa de Cambre. Fontes de Anova indicaron a dificultade en comprender como a ninguén se lle pode ocorrer tal idea e insistiron en que o bipartito (PP+Grupo Mixto) de Cambre non para de darlle sorpresas a os veciños coa súa improvisación, falla de rigor, e ausencia de proxecto.

Con todo, para os nacionalistas de Cambre, o peor é a insensibilidade que demostran.

Lembran que a colexiata de Sta Mª de Cambre é un ben de interese cultural (BIC) dende os anos trinta, e que non pode utilizarse só como pretexto

id

id

para contratacións superfluas, en referencia á
nova imaxe coa proxección da igrexa que utiliza o goberno, que lle costou uns cartos innecesarios ás arcas públicas, mentres non teñen o menor coidado co coidado do contorno do monumento. Hai que manter servizos públicos no espazo do Campo da Feira e do Parque da Igrexa como xa estaban dende hai moitos anos, afirmaron, pero débese buscar a mellor situación sen afear o lugar e causar un impacto noxento sobre un valor patrimonial que se debe tratar con exquisitez.

Por último, as mesmas fontes de Anova, esixiron que dende a Dirección Xeral de Patrimonio deran unha chamada de atención ao alcalde de Cambre, "un tirón de orellas", por esta conduta impropia. Ao tempo que lamentaron a ausencia de pronunciamento por parte dos grupos da oposición, aparentemente mudos neste asunto.


Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 13-03-2013 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
NON SE PODE FACER PEOR NIN PROGRAMÁNDOO

Cambre, 12 de marzo de 2013

Os pasados días comezaron os traballos de poda na estrada provincial que comunica Cambre cos Campóns (Sigrás). Estes traballos inclúen a poda (?) dos plátanos de sobra que caracterizan a Estrada da Estación en Cambre, e polo que está catalogada como Ben Patrimonial, e tamén exemplares da mesma especie, xunto con Castiñeiros de Indias, que aínda quedan na parte de Sigrás. Dende Anova criticaron que estes traballos se estean a facer sen o menor coidado para a seguridade de peóns e vehículos.

Proba delo dixeron, é que a beirarúa que comunica co Instituto de Sigrás está completamente ocupada, nun tramo de cen metros, polos restos da poda, facéndoa totalmente impracticábel para as moitas persoas que a utilizan. Pero sobre todo para os alumnos do instituto de secundaria David Buján. Denuncian os nacionalistas que estes dous días non houbo rastro da policía local pola zona, apesares das molestias ao tránsito e a inseguridade para os peóns, en pleno temporal de vento e auga e cos problemas acrecentados nas entradas e saídas do instituto.

O colmo, explicaron dende Anova, é a ocupación que a empresa fixo das beirarúas como depósito daos restos de poda impedindo o transito das persoas. Denuncian a nula preocupación do goberno local pola seguridade dos veciños e dos rapaces e rapazas.

Noutro orde de cousas, salientaron, que a poda
id imaxes da tala na estrada dos campóns

na zona dos Campóns trátase máis ben dun tala en altura, deixando ás árbores que limitan á estrada totalmente reducidas e anulando o aspecto e visión de túnel verde que caracterizaba esta vía. Lamentan a falta de explicacións e sorpréndense de que non optaran polo seguinte paso, máis radical aínda, que sería eliminalos totalmente.

Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 13-03-2013 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo, 03 Marzo 2013

Con motivo do Día Internacional das Mulleres, desde Anova Irmandade Nacionalista reivindicamos que este é un día tanto de celebración polas as conquistas acadadas como de loita ante as moitas discriminacións que aínda nos atacan, e debemos de superar. As mulleres e os homes que compoñemos Anova Irmandade Nacionalista alzamos a voz para pedir unha sociedade máis xusta e equitativa con dereitos reais e integrais para as mulleres, como cidadás de pleno dereito.
Levamos moito tempo a oír que estamos en crise, tratando de xustificarnos un retroceso e unha precarización sen precedentes dos dereitos civís e laborais da cidadanía Pero somos as mulleres as que vivimos nunha situación de crise permanente e estructural que pon sobre a mesa a insostibilidade do propio sistema. (Máis)


Comentarios (0) - Categoría: Igualdade - Publicado o 04-03-2013 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 21-02-2013 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Esta é a ficha do Catálogo de Patrimonio de Cambre que queren anular
Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 08-02-2013 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xoves, 31 Xaneiro 2013 16:44
id
ANOVA-Irmandade Nacionalista, ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada ante a tamaña proliferación de casos de corrución e da desvergoña dos gobernantes do PP solicita:

1. A inmediata dimisión do Presidente do Goberno Mariano Rajoy e do seu Goberno.

2. Convocar unhas eleccións xerais a Cortes con carácter constituínte que poña remate á podremia desta 2ª restauración borbónica, que parta da realidade plurinacional do estado e da fórmula republicana para poñer o estado aos servizo das cidadanías das diversas nacións que o integramos e proceder mediante unha creba democrática a limpar todo o lixo acumulado nestas décadas.

3. Modificación urxente do Código Penal para evitar que todos estes delitos de corrupción prescriban e impedir que con este subterfuxio siga o Partido Popular a saír indemne ante a xustiza como aconteceu co caso Naseiro, pasando polos Gurtel e a seguir polo Bárcenas. anova-galiza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2013 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2013 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
A oposición abandona o pleno dos Orzamentos en protesta polo veto de Pilar Rojo á cidadanía
id Martes, 29 Xaneiro 2013 10:30

Alternativa Galega de Esquerda considera intolerábel que o Partido Popular, a través da presidenta da Cámara, secuestre a institución que representa a soberanía popular.

Beiras lémbralle a Pilar Rojo que "os cidadáns que están aí fóra son tan cidadáns coma calquera de nós e os representantes da soberanía popular".

Os tres grupos da oposición ?PSdeG, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e BNG- abandonan o pleno de debate de Orzamentos logo de que Pilar Rojo non rectificase o seu veto á presenza de cidadáns no Parlamento de Galicia e prohibise a entrada aos convidados dos partidos que non son o PP. Só asistirán á sesión os portavoces de cada partido. Para Alternativa, é intolerábel que a dereita, a través da presidencia da Cámara, secuestre a institución que representa a soberanía popular. "Os cidadáns que están aí fóra son tan cidadáns como calquera membro desta Cámara e son os que detentan a soberanía popular", lembrou o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, "e o seu veto é unha falta de respecto inconmensurábel".

Ás portas do Hórreo, en Santiago, numerosos colectivos protestan pola agresión das políticas da dereita rodeados dun despregamento policial absolutamente desmesurado. Os parlamentarios de AGE estarán con eles ao longo da mañá.http://anova-galiza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2013 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2013 11:29
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido
O meu perfil
anovacambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES








Contador web

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0