Anova suspende os actos do Día da Patria en sinal de dó
id
Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 25-07-2013 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
id

Anova acorda facer o máximo esforzo para que o 25 de xullo sexa realmente o "Día da Patria" e da cidadanía galega.

Reunida hoxe en Santiago en sesión constituinte a nova Coordinadora Nacional de ANOVA saída da Asemblea Nacional celebrada o pasado 8 e 9 de xuño acordou:

"Considerar que sería desexábel que a celebración do Día da Patria fose realmente un "Día da Patria" e da cidadanía galega e non unha celebración das forzas políticas. A ese respecto, ANOVA iniciará os contactos e máximo esforzo pertinente para ver de que se produza unha celebración desa índole".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Infraestruturas - Publicado o 27-06-2013 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
id

Anova-Irmandade Nacionalista que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, apoia a manifestación nacional convocada por esta para o domingo, día 16 de xuño, en Compostela.

Saída da estación de comboios ás 17 horas.


id
Comentarios (0) - Categoría: Igualdade - Publicado o 14-06-2013 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
O 2 de xuño dende a Alameda de Santiago de Compostela ás 12 h. Convoca: ContraMINAcción www.mineriagalicia.org/
id
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 27-05-2013 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
#17M. Non queremos ser estranxeiras na propia patria.
Comentarios (0) - Categoría: Educación e cultura - Publicado o 06-05-2013 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
id
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2013 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Anova camiña cara a xornada decisoria da súa primeira Asemblea Nacional ordinaria tras unha asemblea deliberante con moita participación, bo ambiente e ilusión.

O formato novidoso de asemblea deliberante previa á xuntanza decisoria non defraudou, pois propiciou o debate tranquilo e o intercambio de posturas e pareceres, con case setenta intervencións, que se completa agora cun mes de traballos para recoller as aportacións e re-elaborar a proposta de teses a debate na asemblea decisoria tendo en conta as achegas neste proceso previo.

Os métodos empregados nesta primeira asemblea ordinaria de Anova casan coa convicción de Xosé Manuel Beiras de que "estamos a construír a escola da nova cultura política".

id

id

Na súa alocución de clausura, o voceiro de Anova apostou por afortalar Anova como proxecto estratéxico do nacionalismo galego e dinamizar o seu traballo no seo da sociedade, pois "quebra democrática non será institucional senón social".
Apelou á rebelión da cidadanía, do 99% esmagado por unha oligarquía que se organiza a nivel mundial.

Beiras chamou á militancia de Anova a "retroalimentarse" coa sociedade civil organizada que está a poñer dinamita ás bases do sistema.

"En xuño Anova terá os planos para construír o edificio e será unha marea azul e vermella", rematou.http://www.anova-galiza.org/


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2013 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo debe explicar no Parlamento a súa relación con Dorado
Xosé Manuel Beiras en roda de prensa no Parlamento: "O presidente da Xunta, Nuñez Feijoó, ten que poñer o seu cargo a disposición do Parlamento, non do seu grupo, e explicar as súas relacións co contrabandista Marcial Dorado".

"Alén dos Pirineos", afirmou, "isto sería un motivo máis que abondo para dimisión, pero, como dicía Fraga, 'Spain is different". "E non nos vale tampouco que o presidente da Xunta se dirixa a nós a través dos medios de comunicación, nin moito menos por comunicados risíbeis de adolescente inmaduro do Opus cachado nas patacas, debe comparecer na Cámara de representantes do pobo galego", engadiu Beiras.


id


Para o voceiro de Anova, que Feijóo asegure que, na data das imaxes, non sabía das actividades de Dorado resulta ridículo. "Debía de ser un único cidadán que non sabía quen era Marcial Dorado nunha etapa en que algunhas mulleres loitaban con afouteza contra o narcotráfico". Era, amais, unha etapa sobre a que agora comeza a haber luz e na que, lembrou Beiras, o ex presidente Albor se xuntaba en Portugal con sonados contrabandistas e Fraga Iribarne mantiña relacións con Terito ou Falconetti. "Non queremos dicir que Feijóo fixese acordos no iate de Marcial Dorado, pero debía saber con quen andaba, porque senón, é que Feijóo era xordo e cego e non escoitaba. Estaba no illamento social que, para el, debía ser estar illado no iate de Dorado".

"Algo cheira a podre en Elsinor, como dicía o don Hamlet de Cunqueiro", concluíu Beiras.

http://anova-galiza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2013 10:29
# Ligazón permanente a este artigo


Reunida a Coordinadora Nacional esta finde se semana, aprobáronse as datas para todo o que atinxe á Asemblea Nacional que se celebrará o
día 8 e 9 de xuño.
Documento PDF

Calendario i Asemblea by Anova Cambre

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2013 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido
O meu perfil
anovacambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES








Contador web

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0