A Coordinadora Nacional de Anova convoca un referendo para decidir o programa e o xeito de participar nas eleccións europeas

Reunida en Santiago de Compostela, a Coordinadora Nacional de Anova acordou celebrar un referendo entre toda a súa militancia para decidir o xeito de concorrencia ás vindeiras eleccións europeas e o programa para as mesmas.

Este proceso, que calculamos poida rematar na primeira quincena de febreiro, pasará previamente por un debate nas asembleas locais e un debate nacional nunha Conferencia Nacional a tal efecto, que aprobará as cuestións programáticas, prevista para finais de xaneiro aproximadamente.

Para este debate, as asembleas contarán cunha información actualizada sobre a marcha dos diversos contactos que Anova está a realizar para conseguir a fronte ampla non excluínte nestas eleccións europeas e como ensaio da creba democrática do réxime.

No tocante ás liñas de traballo de Anova nos vindeiros meses, a Coordinadora Nacional acordou marcar como prioritarias a defensa da soberanía enerxética e alimentaria do pobo galego, nun contexto de agresión contra o territorio, de espolio das terras agrarias para proxectos enerxéticos e mineiros. Así mesmo, será
id

prioritaria a defensa de alternativas de emprego
para a comarca de Ferrol, que se atopa nunha gravísima situación de desemprego e retroceso demográfico.

A respecto dos expedientes abertos pola Comisión Ética e de Garantías en Redondela, a Coordinadora Nacional, nun punto introducido na orde do día a petición de varias persoas da Coordinadora Nacional sobre as funcións e competencias da Comisión Ética e de Garantías, a Coordinadora Nacional acordou que: "A Coordinadora Nacional entende que non é competente para enxuizar actuacións de órganos soberanos elixidos pola Asemblea Nacional: Comisión Ética e de Garantías e Portavocía Nacional".
Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 16-12-2013 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido
O meu perfil
anovacambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES








Contador web

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0