|
|
|
A LOMCE: unha "Wertgoña" |
|
* Opinión de María Álvarez Garea. Mestra e concelleira de Educación en Teo.
Mentres estou a escribir este artigo, e despois de case un ano desde que se presentou o anteproxecto, a polémica LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa), máis coñecida como Lei Wert polo apelido do infausto ministro a quen lla debemos, está a rematar o seu trámite no parlamento, onde foi aprobada xa na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados.
Neste tempo todos os sectores implicados na educación, desde mestres e mestras, asociacións de pais e nais e de estudantes, movementos de renovación pedagóxica, sindicatos de ensino ou consellos escolares, teñen manifestado o seu rexeitamento a esta lei que naceu sen diagnóstico previo, sen consenso e sen consulta con estes colectivos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|