|
|
|
Anova pide a dimisión de Rajoy |
|
Xoves, 31 Xaneiro 2013 16:44

ANOVA-Irmandade Nacionalista, ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada ante a tamaña proliferación de casos de corrución e da desvergoña dos gobernantes do PP solicita:
1. A inmediata dimisión do Presidente do Goberno Mariano Rajoy e do seu Goberno.
2. Convocar unhas eleccións xerais a Cortes con carácter constituínte que poña remate á podremia desta 2ª restauración borbónica, que parta da realidade plurinacional do estado e da fórmula republicana para poñer o estado aos servizo das cidadanías das diversas nacións que o integramos e proceder mediante unha creba democrática a limpar todo o lixo acumulado nestas décadas.
3. Modificación urxente do Código Penal para evitar que todos estes delitos de corrupción prescriban e impedir que con este subterfuxio siga o Partido Popular a saír indemne ante a xustiza como aconteceu co caso Naseiro, pasando polos Gurtel e a seguir polo Bárcenas. anova-galiza.org/ |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|