|
|
|
As xeiras de anova |
|
anova-galiza.org
|
|
|
|
Día da Patria Galega |
|
Anova-In convoca un acto sociopolítico o Día da Patria Galega, na Praza 8 de Marzo, ás 13:00 horas con posterior convivio no Parque de Belvís.
|
|
|
|
Eleccións Europeas 2014 |
|

|
|
|
|
é a hora do pobo |
|
 |
|
|
|
É a hora de 'O Pobo é quen máis ordena' |
|
 |
|
|
|
Normas e mesas de votación do referendo das europeas de Anova-IN |
|
O proceso electoral interno de escolla de representantes de ANOVA-IN para a candidatura galega que concorrerá ás Eleccións Europeas 2014, realizarase con votación da militancia en urna debidamente selada en cada mesa electoral. O escrutinio global é público. Será no Espazo de Co-Working ?DoutroXeito? (R/Hórreo, 22 - 3º, Compostela), a partir das 20:00 h.
As mesas de votación pódense consultar baixando o seguinte documento: Mesas_votacion.pdf
Normas do proceso electoral e aclaracións: Normas_proceso_electoral.pdf
O escrutinio global é público. Será no Espazo de Co-Working ?DoutroXeito? (R/Hórreo, 22 - 3º 15701. Praza de Galiza, Santiago de Compostela), a partir das 20:00 h.
|
|
|
|
Anova fixa o 23 de febreiro para o referendo sobre as Europeas |
|
A militancia de Anova Cambre está chamada a votar o vindeiro domingo 23 de febreiro, de 12 h a 21h, no local sociocultural da Barcala, na rúa Río Barcés, podendo escoller entre as seguintes opcións:
1). que Anova participe integrada en coalición coa esquerda federal.
2). que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas.
3). que Anova non concorra ao proceso electoral.
Unha vez pechadas as urnas, ás 21 horas, realizarase o reconto global, que será público
Os resultados publicitaranse de inmediato na web de ANOVA.
|
|
|
|
O proxecto de lei electoral do PP é un atraco ao electorado e un asalto á democracia |
|
O PP quere cambiar as reglas de xogo da representación democrática en Galiza cun debate "de trámite" no Parlamento de Galiza.
Alternativa Galega de Esquerda, como indicou Xosé Manuel Beiras, non vai participar de dita farsa, que supón disfrazar de democracia o que é xa case dictadura. O proxecto de lei electoral do PP é un "atraco ao electorado e un asalto alevoso á institución parlamentar". O que pretenden, en verbas do portavoz de Anova, é "decapitar o corpo institucional dun país desangrado polas políticas que aplican vostedes (o PP) mandados polos poderes que obedecen".
Dende Alternativa Galega de Esquerda proponse unha lei electoral proporcional e que inclúa mecanismos de participación cidadá. |
|
|
|
A Coordinadora Nacional de Anova convoca un referendo para decidir o programa e o xeito de participar nas eleccións europeas |
|
Reunida en Santiago de Compostela, a Coordinadora Nacional de Anova acordou celebrar un referendo entre toda a súa militancia para decidir o xeito de concorrencia ás vindeiras eleccións europeas e o programa para as mesmas.
Este proceso, que calculamos poida rematar na primeira quincena de febreiro, pasará previamente por un debate nas asembleas locais e un debate nacional nunha Conferencia Nacional a tal efecto, que aprobará as cuestións programáticas, prevista para finais de xaneiro aproximadamente.
Para este debate, as asembleas contarán cunha información actualizada sobre a marcha dos diversos contactos que Anova está a realizar para conseguir a fronte ampla non excluínte nestas eleccións europeas e como ensaio da creba democrática do réxime.
No tocante ás liñas de traballo de Anova nos vindeiros meses, a Coordinadora Nacional acordou marcar como prioritarias a defensa da soberanía enerxética e alimentaria do pobo galego, nun contexto de agresión contra o territorio, de espolio das terras agrarias para proxectos enerxéticos e mineiros. Así mesmo, será
prioritaria a defensa de alternativas de emprego
para a comarca de Ferrol, que se atopa nunha gravísima situación de desemprego e retroceso demográfico.
A respecto dos expedientes abertos pola Comisión Ética e de Garantías en Redondela, a Coordinadora Nacional, nun punto introducido na orde do día a petición de varias persoas da Coordinadora Nacional sobre as funcións e competencias da Comisión Ética e de Garantías, a Coordinadora Nacional acordou que: "A Coordinadora Nacional entende que non é competente para enxuizar actuacións de órganos soberanos elixidos pola Asemblea Nacional: Comisión Ética e de Garantías e Portavocía Nacional".
|
|
|
|
Debate público sobre o libro " Exhortación á desobediencia" |
|
 |
|
|
|
|
|
|