As xeiras de anova

anova-galiza.org

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2014 09:33
# Ligazón permanente a este artigo

Día da Patria Galega

Anova-In convoca un acto sociopolítico o Día da Patria Galega, na Praza 8 de Marzo, ás 13:00 horas con posterior convivio no Parque de Belvís.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2014 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
id
Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 26-05-2014 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 08-05-2014 09:09
# Ligazón permanente a este artigo

O 25 de abril é unha data de referencia para as clases populares. É o nome e a data da Revolución, o soño de asaltar o ceo feito realidade durante un breve lapso de tempo.

O 25 foi o final dunha ditadura que tamén o pobo galego sufriu nas súas propias carnes. Non poucas galegas e galegos fuxiron ao país irmán desde o comezo do asalto fascista de 1936 e foron entregados pola tiranía de Salazar aos verdugos españois. A Revolução dos Cravos mandou ao burato máis infame da historia, o que lle correspondía, a ditadura de Salazar, o seu aparello represivo e a súa voracidade colonial. As forzas armadas foron pobo e o pobo deu conta da tiranía. A Revolución foi democrática, socialista e anticolonial. E despois foi tamén, en parte, derrota das clases populares. Pero derrota temporal.



id
Comentarios (0) - Categoría: Cambre - Publicado o 25-04-2014 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Normas e mesas de votación do referendo das europeas de Anova-IN

O proceso electoral interno de escolla de representantes de ANOVA-IN para a candidatura galega que concorrerá ás Eleccións Europeas 2014, realizarase con votación da militancia en urna debidamente selada en cada mesa electoral. O escrutinio global é público. Será no Espazo de Co-Working “DoutroXeito” (R/Hórreo, 22 - 3º, Compostela), a partir das 20:00 h.

As mesas de votación pódense consultar baixando o seguinte documento: Mesas_votacion.pdf

Normas do proceso electoral e aclaracións: Normas_proceso_electoral.pdf

O escrutinio global é público. Será no Espazo de Co-Working “DoutroXeito” (R/Hórreo, 22 - 3º 15701. Praza de Galiza, Santiago de Compostela), a partir das 20:00 h.

Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 28-03-2014 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Anova fixa o 23 de febreiro para o referendo sobre as Europeas

A militancia de Anova Cambre está chamada a votar o vindeiro domingo 23 de febreiro, de 12 h a 21h, no local sociocultural da Barcala, na rúa Río Barcés, podendo escoller entre as seguintes opcións:

1). que Anova participe integrada en coalición coa esquerda federal.

2). que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas.

3). que Anova non concorra ao proceso electoral.

Unha vez pechadas as urnas, ás 21 horas, realizarase o reconto global, que será público

id

Os resultados publicitaranse de inmediato na web de ANOVA.


Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 18-02-2014 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto de lei electoral do PP é un atraco ao electorado e un asalto á democracia

O PP quere cambiar as reglas de xogo da representación democrática en Galiza cun debate "de trámite" no Parlamento de Galiza.

Alternativa Galega de Esquerda, como indicou Xosé Manuel Beiras, non vai participar de dita farsa, que supón disfrazar de democracia o que é xa case dictadura. O proxecto de lei electoral do PP é un "atraco ao electorado e un asalto alevoso á institución parlamentar". O que pretenden, en verbas do portavoz de Anova, é "decapitar o corpo institucional dun país desangrado polas políticas que aplican vostedes (o PP) mandados polos poderes que obedecen".

Dende Alternativa Galega de Esquerda proponse unha lei electoral proporcional e que inclúa mecanismos de participación cidadá.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2014 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Coordinadora Nacional de Anova convoca un referendo para decidir o programa e o xeito de participar nas eleccións europeas

Reunida en Santiago de Compostela, a Coordinadora Nacional de Anova acordou celebrar un referendo entre toda a súa militancia para decidir o xeito de concorrencia ás vindeiras eleccións europeas e o programa para as mesmas.

Este proceso, que calculamos poida rematar na primeira quincena de febreiro, pasará previamente por un debate nas asembleas locais e un debate nacional nunha Conferencia Nacional a tal efecto, que aprobará as cuestións programáticas, prevista para finais de xaneiro aproximadamente.

Para este debate, as asembleas contarán cunha información actualizada sobre a marcha dos diversos contactos que Anova está a realizar para conseguir a fronte ampla non excluínte nestas eleccións europeas e como ensaio da creba democrática do réxime.

No tocante ás liñas de traballo de Anova nos vindeiros meses, a Coordinadora Nacional acordou marcar como prioritarias a defensa da soberanía enerxética e alimentaria do pobo galego, nun contexto de agresión contra o territorio, de espolio das terras agrarias para proxectos enerxéticos e mineiros. Así mesmo, será
id

prioritaria a defensa de alternativas de emprego
para a comarca de Ferrol, que se atopa nunha gravísima situación de desemprego e retroceso demográfico.

A respecto dos expedientes abertos pola Comisión Ética e de Garantías en Redondela, a Coordinadora Nacional, nun punto introducido na orde do día a petición de varias persoas da Coordinadora Nacional sobre as funcións e competencias da Comisión Ética e de Garantías, a Coordinadora Nacional acordou que: "A Coordinadora Nacional entende que non é competente para enxuizar actuacións de órganos soberanos elixidos pola Asemblea Nacional: Comisión Ética e de Garantías e Portavocía Nacional".
Comentarios (0) - Categoría: Eleccións europeas - Publicado o 16-12-2013 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2013 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido
O meu perfil
anovacambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES








Contador web

© by Abertal