Tódoños anos celebramolo dia da Paz participando todo o colexio.Cada neno fai algun pequeno detalle alusivo ó que conmemora.
Iste ano cambiamos un corazón por un agarimo...cada neno fixo un corazón en cartulina vermella cun lazo branco, e ás doce da mañá baixamos á praza do pobo onde se intercambiaron os corazóns por abrazos coa xente que atopamos.
http://busc.usc.es/
Sen lugar a dúbidas a celebración do Nadal é o que resulta máis espectacular para os pais, pois o culmen de tódalas actividades e o festival do colexio.
Todos os que poden polos séus horarios veñen a velos nenos....e senon, os avós dos cativos, que o pasan "pipa"e...cáeselle a baba ó ver os séus cativiños.
http://www.escoitar.org/http://www.portalmix.com/efectos/todas/todas_v_0084.shtml
Sempre celebramos o San Martiño á manera tradicional....no campo facendo unha boa fogueira, na que asamos non só as castañas, senon tamen uns bos chourizos que fannos a boca auga a todos.
Para elo imos camiñando dende o colexio ata a aldea próxima de Outeiro da Torre, parroquia de Maceda, o que resulta toda unha aventura para os máis cativiños.
Unha vez ali, encéndese a fogueira na que imos asar.....e... mentres adicámonos a xogar e cantar todos xuntos.