A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INCISOS

En fin. Que andei por aí enredada. E aínda sigo. O caso é que botaba de menos este espazo e cando mirei a última data de publicación quedei un pouco...

Pois iso. Que foi unha primavera moi chea de tarefas novas e está sendo un verán sen tempo para escribir. No medio, houbo uns días de descanso absoluto, pero lonxe destas terras. Tamén é verdade que esoutras ás que fun, unha vez máis, son ben fermosas e gardan tanta semellanza con Galiza (se non fose porque alí non arden os montes e aquí si), que ata dan ganas de quedar alá para sempre.
Desta volta tocoume ver a costa leste de Escocia e abofé que Stonehaven é un lugar ben fermoso, no que sen andar moito, se pode ver o castelo de Dunnottar.
Asegúrovos que Escocia merece a pena!
Comentarios (5) - Categoría: Eu son... - Publicado o 16-08-2012 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Concha L. F.