A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV
LUX
Xulio López



Se te puidese iluminar daquela,
igual o teu corpo indefenso
non tropezaba coa dúbida,
nin a túa sombra esvaecía
noutras sombras...

Se te puidese iluminar daquela,
igual o teu camiño tería sido máis doado
e os teus soños
repousarían agora, quedos,
agardando outros soños.

Non tiña as luces necesarias
para iluminarte.
Deixeinas afogar na chuvia
por non abrir o paraugas...
Agora non chove
e a tea enróscase sobre si,
formando unha espiral infinita.
Agora teño aquela luz,
mais non sei se será tarde.
Comentarios (6) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 16-02-2012 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
SEN PALABRAS

Vaguedades
Xulio López

Foise?
Si.

Que dixo antes de marchar?
Nada.

Nada?
Nada. Nin se despediu… Simplemente pechou a porta e marchou.

Non levou o que lle deixara enriba da súa cama?
Non.

Pero, lembrácheslle que…?
Si.

E por que non o levou?
Pois non sei. Non me dixo nada. Supoño que non lle cabía no peto…
Comentarios (5) - Categoría: Varios - Publicado o 09-02-2012 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Concha L. F.