A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V - INFINITO
Coa mirada perdida máis alá do infinito
miro desde a fiestra deste cuarto,
como se move ao seu capricho
a liña do horizonte,
debuxando no aire calmo da tarde
as siluetas da realidade.
Vexo xente ao lonxe
que agocha no peto
ilusións frustradas e proxectos...
Malvas e amarelos, verdes e vermellos soños
que van caendo inexorablemente
na arca das lembranzas,
coma a area do reloxo,
sen deterse...
E a man invisible do tempo
voltéaos unha e outra vez
para que unha e outra vez,
de novo, caian.

Apágase a tarde e pecho os ollos,
péchanse as portas da esperanza...

Este cuarto, branco e azul
coma o ceo do mediodía
envólvese na penumbra...
Móvense as rúas iluminadas
polos farois de novos soños
que rexurdirán co día
que agarda ao outro lado...
Efémero infinito no que se perden
as imaxes,
os segundos eternos da soidade,
deixando no delta da lembranza
sedimentos de tristura e de ledicia,
murmurios de vidas acabadas.

(A meu irmán Xosé Luís)
Concha L. F.
Comentarios (1) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 19-12-2009 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
A NENA DO PARAUGAS


Entre as miñas brétemas tentei reter
a feble sombra dun infantil anhelo,
o sorriso limpo, o xesto decidido,
a carteira a cadros… O fugaz momento
que tarda a cámara en inmortalizar
unha imaxe que se perde no tempo.
Grabada aínda na memoria
levo a luz e o desconcerto
que deixou no meu rostro aquela cámara
cuando una tarde, case sin alento,
baixei as escaleiras, dúas a dúas,
anunciando “¡Vou á escola, logo veño!”
Quen me ía a dicir que, sen paraguas,
vagaría hoxe, de inverno en inverno,
levando mil tesouros herdados,
agochados entre os dedos!

Concha L. F.
(Foto: Sr. Ramón)
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 19-12-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Concha L. F.