A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E VALAÍ VEN O MAIO...

... de flores cuberto...
Quen cantaba iso? Teño a memoria feita un farrapo!

O caso é que hoxe cando cheguei ao meu refuxio para ver se miña nai precisaba algo, atopei que a roseira enredante tiña un fermoso ramo aberto a esta mañá choviñenta. Debera parar de chover xa había tempo, pois as rosas estaban húmidas, pero non goteaban.

Cando saín de alí, de volta á miña gaiola, veume á memoria meu pai quen, con moito agarimo, plantou e coidou que esa roseira fose adiante, guiando as súas pólas por arames ata conseguir unha pérgola que custodia a entrada do refuxio e dá sombra nas agostadas tardes do verán. No meu afán de conservala, fixen algunha modificación e estraguei un niño de xílgaros hai uns anos, pero para a miña sorpresa este ano otopei entre as pólas un niño novo.
Seguirei tecendo cada ano a ramaxe desta fermosa roseira enredante, ata que cubra de verdor, sombra e cores a entrada ao refuxio. Seguirei mentres teña alento para facelo.

Concha L. F.
Comentarios (8) - Categoría: Eu son... - Publicado o 30-04-2011 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 O poema é de Curros e cantárao Luís Emilio Batallán. Busquei no youtube a canción e volv#blgtk08#eume poñer a carne de galiña.

... e como os do abade frorezan meus eidos
Comentario por rui (30-04-2011 23:06)
2 Sempre admirei a xente enamorada das flores.
Tal vez porque precisamos de beleza#blgtk08# viva e natural.
Que a roseira ocupe toda a pérgola e que aniñen máis paxariños.
Comentario por paideleo (01-05-2011 06:48)
3 Tamén voltará puntual o xílgaro cada primaveira a contemplar a roseira e adornala de doces trinos ... Non e milagre algún que surxan tan bonitos poemas ro#blgtk08#deada por ese marco natural de verdor , sombra e cores ... Un bico desde este mar de asfalto que e A Coruña , vou tratar de sair as aforas e respirar ...
Comentario por (01-05-2011 12:27)
4 Dí que sí, Concha! ás veces temos a obriga de seguir co legado que nos deixaron. Debémosllo. E é un pago encantador, neste caso.

[O ano pasado levei un disgusto porque meu irmán, nunha das súas vacacións, apareceu pola casa de miña nai da aldea, e cortou unha pre#blgtk08#ciosa glicinia que miña nai trouxera, plantara e guiara durante moitísimos anos... Non comprendo como tivo ese atrevimento sin preguntarnos a ninguén!, chorei coa pena e coa rabia!, eu sei canto lle gustaba a ela esa glicinia...
Seguro que teu pai estaría moi contento]
Comentario por Zeltia (02-05-2011 13:25)
5 A min pasame algo parecido cunha cerdeira na casa de meus avos, estibo alí toda a vida coidada por meu avó, despois por meu pai e agora andamos a medias este é mais #blgtk08#eu. Penso que estaría orguioso eu penso que non debemos esquecer o que querían os nosos pais e mais os nosos avos, etc, pois senon é como se os esquecesemos a eles.
Comentario por A cruz da Campá (02-05-2011 23:22)
6 Os nosos seres queridos recordamolos por os feitos e tamen por as nosas vivencias, teu pai reencarnouse, eu son ateo e non creo tal cousa, en ros#blgtk08#eira con niño e todo.....Teriamos que respetar eses pequenos detalles que nos fan recordar a persoa desaparecida mentres sorrimos na sua memoria.
Comentario por Otero Regal (03-05-2011 11:03)
7
· No te faltará el aliento mientras esas rosas estén ahí. Lo tendrás para reponerlas si algún día deciden irse. Y también es posible que sean ellas las que vayan a ti, cuando tú no vayas a#blgtk08# ellas. Esa roseira es algo más que un conjunto de rosales y rosas.

· bicos rosas... rojas, como las mías.

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (04-05-2011 00:11)
8 Roseiras e xílgar#blgtk08#os, que fermoso!!
Comentario por Raposo (05-05-2011 11:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.