A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CATRO DE SETE


Escurece o azul,
arremuíña o ar,
alporízase o ceo, alustrado
por luces efémeras
que traen roncas voces,
chegadas das fonduras
do universo dos espíritos errantes
que habitan máis alá
das simas da terra.

No cuarto pechado e diminuto,
observo a chuvia e a sarabia,
que, con furia, os cristais golpean
e mollan o peitoril da fiestra,
zarrapicando os papeis
colocados na mesa.
Anégame a apatía
e o sono prende nos dedos,
nas pálpebras, nos beizos, ...
caio debruzada no meu soño...
esvaro na inconsciencia...

E a morte branca
cabalga sobre branco corcel,
portando a coroa de quen vence
e, sen misericordia mata,
deixando ao seu paso
queixumes, bágoas e tebras.

Tingue de sangue
campías e montes,
e fende coa espada
a guerra vermella,
deixando espallados
os restos da bondade,
dos soños, dos ósos
e das vestimentas.
Sementa a fame,
sobre un negro cabalo,
a fame negra,
queimando as colleitas
de quen sementou
esperanza, traballo e nobreza
no desesperado mundo
da desenganada certeza.

Torna amarela a faciana do ceo,
que esmorece sen perdón,
como a faísca da vela.
E o xinete amarelo
matando coa fame,
coa peste e coa guerra,
ri sobre o lombo
da egua amarela.

E... no medio, eu,
respirando aos saloucos,
vexo como pasan
os xinetes escuros,
as sombras espesas...

Que pasa agora?
Aos meus ollos asoma a luz
de quen, sen esperanza, espera
e, queda, a aurora rosma ao meu oído...
Xa é día... Esperta!

Concha L. F.
Comentarios (9) - Categoría: Varios - Publicado o 23-04-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Soños e mais soños...o peor xinete da apocalipse e a iñorancia.....precioso o teu poem#blgtk08#a, triste tamen, como o tempo, choiva,ceo oscuro, mar do nordeste e frio humedo......
Comentario por Otero Regal (24-04-2011 11:54)
2
· Indudablemente, la sonoridad del gallego supera al castellano, al menos en estos hermosos versos.
Cuatro jinetes siempre presentes, desde los albores de la humanidad, hasta nu#blgtk08#estros días. Ahora, los alimentamos, tal vez esperando que acaben con nosotros de una vez...

· bicos

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (24-04-2011 17:51)
3 Chéganlle ben, catro de sete!
que fas un#blgtk08#ha composición que me ouriza os pelos do lombo!
Comentario por Zeltia (25-04-2011 16:38)
4 ¡Incrible a intensidade das túas verbas! En#blgtk08#cántame xa como empeza "escurece o azul..."
Comentario por Gaivota (26-04-2011 13:36)
5 Meu deus, trasmitelo con tanta forza que esta noite ainda ei de escrutar o t#blgtk08#eito da habitación na busqueda deses xinetes que veñen a por min. Un abrazo.
Comentario por A cruz da Campá (26-04-2011 23:39)
6 Como bien dice Ñoco, la sonoridad del Gallego es más fuerte que la del castellano, y en estos versos#blgtk08# que nos traes es un perfecto ejemplo.
Catro de Sete, o "Tempo do Silencio".
Saludos.-
Comentario por Enrique G.A. (27-04-2011 08:08)
7 vaia que soño-poema tan intenso e negro!#blgtk08#r /> arrepiante.

biquiños,
Comentario por Aldabra (27-04-2011 08:28)
8 #blgtk08#
Comentario por (27-04-2011 12:31)
9 Eses xinetes están sempre presentes polo mundo adi#blgtk08#ante e ben está lembralos nun poema-soño.
Comentario por Raposo (27-04-2011 12:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.