A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MISTERIOS


Cada bambeo, un misterio diferente
que danza ao teu son.

E xusto aquí,
onde a música dos teus tacóns
alegra os corredores,
onde a túa cadeira cimbrante
marca o ritmo da mañá,
onde a túa voz se espalla entre probetas,
rochas e microscopios...
Xusto aquí, todo se desvela:
firmeza e seriedade,
ledicia e comprensión.

Misterios verdes pegados nas túas pálpebras.
Misterios amarelos,
brancos e violetas,
vermellos, negros,
verdes e azuis pegados á túa pel.
Xusto aquí
vexo a túa silueta preñada de cores,
baixando a escaleira entre libros e papeis
e o misterio eslúe…
Pero logo aparece de novo
pegado ao teu sorriso.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (8) - Categoría: Varios - Publicado o 01-04-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1
· Pasar, leer, tratar de entender, disfrutar...
siempre un placer.

#blgtk08#/> · bicos

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (01-04-2011 23:49)
2 Que gusto da ler e ver#blgtk08# este espazo. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (02-04-2011 09:19)
3 Esta é a miña filla hoxe á mañán en tenras e doces palavras baixando as escaleiras cos libros da biotecnoloxía.

E#blgtk08# vostede xa a ollaba eisí onte!

Grazas po-las súas sublimes palavras.

É vostede grande, grande...!
Comentario por O Norieguiña (02-04-2011 11:48)
4 Vaia fotos as de teu himan¡¡.......recordame de algunha forma os impresionistas ingleses..... e a letra igual que a musica da imaxe....Misterios verdes pegados nas túas pálpebras.
Misterios amarelos,
brancos e violetas,
vermellos, neg#blgtk08#ros,
verdes e azuis pegados á túa pel.
O outro dia lendo un poemiña de Lois Pereiro os nenos do colexio de Muras, parei e dixenlles....a poesia e o arte de decir bonito as cousas....e recodeilles aquelo tan mexicano de "Que te vaya bonito".
Comentario por Otero Regal (04-04-2011 15:14)
5 color por todos os versos e moit#blgtk08#a vida.

biquiños,
Comentario por Aldabra (05-04-2011 20:51)
6 Falando de cores encantoume o do poema anter#blgtk08#ior: O sol íase cantando amarelas melodías.
Comentario por paideleo (08-04-2011 00:59)
7 Un sorriso cheo de misterio, e un poema cheo #blgtk08#de cores e de agarimo.
Biquños, nena.
Comentario por Xosé. (09-04-2011 21:03)
8 Marabillosa danza co#blgtk08#loreada en sorrisos
Comentario por xenevra (20-04-2011 15:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.