A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POUSABA O CEO


Pousaba o ceo.

Entre o recendo da airexa
daquela tarde queda,
mentres adormecían os piñeiros,
pousaba o Sol e colgaba
pingas amarelas entre a frouma…

E o Sol íase cantando
amarelas melodías,
deixando luces que a nena recollía
e gardaba no seu peto,
mentres pousaba o ceo.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (10) - Categoría: Varios - Publicado o 23-03-2011 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Fermoso anoitecer gardando as luces para os#blgtk08# instantes dos recordos.
Unha aperta
Comentario por Xan (26-03-2011 12:03)
2 Por certo o poema gustoume moito...
"E o Sol íase cantando
amarelas me#blgtk08#lodías" e moi plastica a tua descripción, e vai moi ben co foto de teu hirman.......
Comentario por Otero Regal (26-03-2011 14:33)
3 Estamos todos moi cromáticos coas melodías ultimamente. Pregúntome c#blgtk08#omo se debuxarán as cores no pentagrama.

Bicos en 3x4
Comentario por Chousa da Alcandra (27-03-2011 14:05)
4 Coma sempre gran compenetración entre foto e #blgtk08#poema. Canto colorido en tan poucas palabras.
Comentario por A cruz da Campá (28-03-2011 09:20)
5 "deixando luces que a nena recollía
e gardaba no seu peto"

¡De#blgtk08#licioso!

Que sensación de estar metida aí, formando parte da paisaxe.
Comentario por Gaivota (28-03-2011 10:47)
6 Pra "Nena das Luces" de "O Cantor do Ermo":

"Tanto te escondiches , sol,
que a duras penas te vexo;
mais índa un raio che pido,
rei da luz, ¡#blgtk08#o derradeiro!,
pra que se rían os montes
e se alegren os penedos".

A. Noriega Varela

...conta coroiña, conta! É vostede marabillosa.
Comentario por Pepe de Noriega (28-03-2011 11:14)
7 Pra "Nena das Luces" de "O Cantor do Ermo":

"Tanto te escondiches , sol,
que a duras penas te vexo;
mais índa un raio che pido,
rei da luz, ¡#blgtk08#o derradeiro!,
pra que se rían os montes
e se alegren os penedos".

A. Noriega Varela

...conta coroiña, conta! É vostede marabillosa.
Comentario por Pepe de Noriega (28-03-2011 11:15)
8 Como me gusta iso de pousar o ceo...

A foto, esa silueta dos piñeiros recortados contra#blgtk08# o fondo. só dúas cores. terra e ceo.
duas realidades.
non sei.
entusiásmame!!!!
Comentario por (01-04-2011 11:05)
9 boh, a anter#blgtk08#ior era eu!
Comentario por Zeltia (01-04-2011 11:06)
10 da guste ler os teus versos tan doces e cheos de color.

#blgtk08#a foto impecable... gústame moito a luz que tén.

bicos.
Comentario por Aldabra (05-04-2011 20:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.