A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FAMILIA OU CLAN?


José Luís e Eligio eran dúas persoas doces e agarimosas, cun corazón grandísimo e a quen a vida acabou por darlles máis desgustos ca ledicias, o que tal vez os levou a unha morte prematura.

Ana María tiña determinación e, moi nova, marchou estudar a Ourense, sen máis compaña ca a súa maleta, os seus lentes e un fondo sentimento de medo a perderse entre a xente da capital, pero soubo sacarlle á vida a forza necesaria para sobrevivir sen perder o sorriso.

Concha era unha nena tímida, mimosa e conquistadora pero que, pola calada facía as trasnadas máis inverosímiles, coma botarlle deterxente ás plantas para que medrasen ou sentar no peitoril dunha fiestra da planta alta da casa, cos pés colgando para fóra.

Cándido era o cómplice perfecto para as trasnadas de Concha, aínda que as máis das veces andasen a cotenadas. Hoxe en día conservan aquel toque de complicidade para ir levando o día a día.


Ricardo era un neno inconformista e rebelde, pero cunha dozura e unha retranca desas que dan que pensar e fan rir a gargalladas.

Antonio buscou o camiño da entrega desinteresada cara as minorías máis desfavorecidas de África e hoxe vaga por Zambia, aprendendo a vivir e vivindo dunha maneira sinxela, pero moi enriquecedora.

Lourdes pérdese polos recantos da nosa nenez, co seu longo pelo louro enchendo co seu recendo a airexa das mañás e das tardiñas dos sábados e dos domingos.

Eramos felices. Máis ca familia, formabamos un clan, no que as crianzas máis vellas coidaban das máis novas, aínda que as máis das veces andásemos a liortas. Seguimos sendo felices. Supoño.

Concha L. F.
Comentarios (10) - Categoría: Eu son... - Publicado o 14-03-2011 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 As caras dos familiares son como espellos máxicos. Mirando as persoas #blgtk08#ca forman podemos ver o pasado, o presente e o futuro.
Saudos.
Comentario por Enrique (15-03-2011 08:44)
2 Unha maneira doce e tenra de lembrar a infa#blgtk08#ncia e os seres queridos.
Gustoume.
Comentario por Raposo (15-03-2011 12:17)
3 Semella unha fermosa maneira de comezar unha novela coas pinceladas da vida real. Hai unha mixtura de emocións que palpitan por dentro ó imaxinar a esa nena coas pernas colgando por fora da fiestra ou os aromas (e a cor) do pelo longo de Lourdes.
Os irmáns cómplices, a#blgtk08#s trasnadas... a paixón na alma dese rapaz entregado a unha causa xusta.
Mixtura de sensacións e emocións, ¡delicioso! unha vez máis, delicioso... sempre dá a sensación de que se pode saborea-lo que escribes porque deixa un bo sabor de boca e apetece voltar a repetir.
Comentario por Ana (15-03-2011 13:44)
4 Unha imaxe moi tenra con esa felicidade que asoma nos vosos ollos e que oxalá per#blgtk08#maneza sempre.
Un relato moi bonito que enche de tenrura.
Un bico
Comentario por Xan (15-03-2011 19:04)
5 Para os que temos a mala sorte de ser fillos únicos, estes sentimentos que describes nunca chegaremos a entendelos, por moito que o inte#blgtk08#ntemos. Moitas veces sinto o baleiro de non ter un irmán co que poder compartir as trasnadas, os momentos bos e os malos,...etc. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (15-03-2011 23:18)
6
· Es algo complicado. Dentro de cada familia hay elementos que se constituyen en clan, en tanto otros optan por la independencia de ese tipo de lazos. Cierto es que las familias actuales tienden a la dispersión geográfica y de intereses.
#blgtk08# /> En toda familia siempre hay una Concha que deja colgar sis piernas por una ventana ante el pavor del resto.

Has hecho un cálida semblanza.

· Bicos

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (16-03-2011 11:17)
7 Que lembranzas. Canto deterxente bulía das nosas mans. Nos eramos sete, cambián os lugares, pero os feitos son os mesmos. #blgtk08#Agora, a maioría temos a nosa vida, pero o misterio do CLAN sigue latexando e ainda que teña que ser en segredo, FALAMOS.
Comentario por Fernando Sancho Blanco (17-03-2011 18:58)
8 Que estampa tan envexable! e máis coas notas que tí lle engades.
Eu fun a pe#blgtk08#quena na familia, todos eran grandes, e eu andaba sempre soíña, enredando soíña.
Comentario por Zeltia (18-03-2011 18:05)
9 A saber a de veces que nos sentamos nos peitorís #blgtk08#ó longo da vida.

Bicos pendurados
Comentario por Chousa da Alcandra (20-03-2011 13:07)
10 un viaxe no recordo moi fermoso... parece que tod#blgtk08#os fúchedes polo bó camiño.

bicos,
Comentario por Aldabra (05-04-2011 20:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.