A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PERSÉPOLIS
“Persépolis” é una historia conmovedora que fala dunha moza que medra entre o Irán do Sha e o da Revolución Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha nena aberta e moi intelixente, pódense vez as esperanzas dun pobo que ve como todo vai rompendo ao entrar o fundamentalismo no poder, impoñendo o velo ás mulleres e encadeando e matando a miles de persoas. É unha nena capaz de enganar aos gardiáns da sociedade e que descobre que, máis alá do seu mundo, existen o punk e Iron Maiden. Non obstante, cando seu tío é apreixado e executado sen piedade, e vendo como as bombas da guerra entre Irán e Iraq non cesan, o medo vaise facendo dona dela.
A medida que medra, a súa maneira de desenvolverse fai que seu pai e súa nai se preocupen polo seu futuro e mándana a un instituto a Viena. Alí pasa con moitos problemas a súa adolescencia, afastada da súa familia e tendo que combater o feito de ser equipada co fundamentalismo relixioso do seu país de procedencia.
Co tempo é aceptada e mesmo atopa unha parella da que namora, pero trala ruptura e o instituto, atópase soa e con grande morriña por volver ao fogar. Iso significa poñer o velo e vivir nunha sociedade tiránica, pero decide volver a Irán e logo dun difícil período de readaptación, entra nunha escola de arte e casa, ao tempo que segue manifestándose contra a hipocrisía que presenza a diario.
Finalmente toma a dolorosa decisión de marchar a Francia, deixando atrás á súa familia, pero conservando unha visión optimista sobre o seu futuro.

Para min este filme ten moitas lecturas.
Amósanos a grande capacidade que teñen algúns medios políticos para facerse co apoio da poboación, sobre todo en países sen desenvolver, nos que está asentado un profundo sentimento relixioso e nos que a educación, sobre todo a das mulleres, está en segundo termo. E non só a instrución da poboación, senón a educación crítica en valores tradicionais. É moi sinxelo convencer ás masas que non están formadas con espírito crítico, de maneira que se converten en “obxectos manipulables”, sobre os que se verten discursos de salvación que, ao cabo, non son máis ca palabras para sacar proveito, tanto político coma económico.
Vese perfectamente o desencanto da xente á que se prometen cambios, pero que ao final non son máis que diferentes maneiras de sometela. Tanto ten o réxime, a pobreza sempre existe e sempre recae nos sectores máis débiles. Curiosamente sempre son as mulleres.
Pero o máis importante que se pode apreciar, respecto do xénero, é a situación das mulleres. Elas son as máis oprimidas nese novo país emerxente, ao que se promete coa revolución un mundo diferente, pero no que as mulleres non teñen cabida, por seren consideradas seres inferiores. Volven ser obrigadas a recluírse nos seus fogares, a levar velo e vestir roupa longa. Adoita suceder isto naqueles países nos que a relixión fai parte da política e a política está mesturada coa relixión.
Tamén se percibe a existencia de dúas maneiras de vivir: a que vive a xuventude cara a fóra, polo día, seguindo estritamente as normas, e a que vive de noite, en lugares agochados das mirada do exército, nos que se consume alcohol e se bailan ritmos occidentais…
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 09-03-2011 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 É complicado ser muller (aínda en Occidente) e hai que ter unha valentía infinita para loitar contra opresión, máis cando a relixión se mestura polo medio. Por iso#blgtk08# é importante non botar nin un só paso atrás e axudar a andar as que nos seguen. Moi fermosa reflexión e unha recomendación cinematográfica a ter en conta. Apertas
Comentario por vakastolas (09-03-2011 23:20)
2 Persépolis pareceume un libro magnífico e unha película da que temos moitas cousas que aprender. Hai persoanxes nesta historia, a avoa por exemplo, que me#blgtk08# pareceron dunha dignidade abraiante, deses personaxes que resulta difícil esquecer. Como se pode ser tan xenial para crear un debuxo que transmita tanto?
Comentario por TQV (10-03-2011 20:50)
3 Cando a relixión se entremezcla é difícil s#blgtk08#er calquer cousa, para canto mais muller.
Comentario por A cruz da Campá (11-03-2011 08:38)
4 En todo momento de mi vida hay una mujer que me lleva de la mano en las tinieblas de una realidad que las mujeres conocen mej#blgtk08#or que los hombres y en las cuales se orientan mejor con menos luces.
Gabriel García Márquez

Saudiños.
Comentario por Enrique (11-03-2011 11:52)
5 Outra proposta de película interesante. Gustaríame vela. Sempre me chamou e chana a atención como unha rapaza (como neste caso) despois de vivir en Europa quere volver ó seu pais e poñer o velo e vivir na ignorancia da#blgtk08#s mulleres. Fáiseme difícil de comprender. Sei que o fogar tira pero... É horrible, penso. Cando vexo as reportaxes e as escoito falar convencidas do seu ocultamento... Non me entra na cabeza.

biquiños.
Comentario por Aldabra (11-03-2011 13:05)
6 Pois anotareina na lista (xa longa) que teño de filmes que merece a pena ver...
Eu non sei que fago agora que non me d#blgtk08#a tempo a ver tanto cine como vía antes...
Leo menos, vexo menos pelis...
para min que é por culpa de internet.
Comentario por Zeltia (14-03-2011 11:57)
7 Xa fai tempo que teño gañas de vela.

P.D: o#blgtk08# seu encargo está feito e colgado....agardo que lle guste.
Comentario por A Conxurada (14-03-2011 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.