A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GRAZAS


Un día ocorréuseme escribir cousas, o mesmo que a meu irmán máis novo se lle ocorreu empezar a facer fotos. E velaí que descubrín que moitas das imaxes que Xulio López retiña nunha foto encaixaban con cousas que eu escribía. E velaí tamén que, logo de pedirlle permiso, empecei a colocar neste espazo fotos feitas por el, acompañadas polos meus textos. O resultado é o que hai aquí e o que vedes e ledes.

Tamén é certo que non todas as fotos levan a súa sinatura, ou non fago referencia a súa autoría. Esas son das que ás veces saen da miña pequena cámara, unha desas que non teñen abelorios varios e que son sinxeliñas de usar, pois eses aparellos non son o meu.

Xulio López, ou mellor, Xulio Pazo quere agradecervos a todas e a todos os vosos comentarios respecto das súas fotos e non se me ocorreu mellor maneira de facervos chegar o seu agradecemento ca este texto que agora ledes.

Todo un pracer compartir convosco imaxes e pensamentos, tanto da súa parte coma da miña.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Xulio Pazo
Xulio López
Comentarios (4) - Categoría: Eu son... - Publicado o 02-03-2011 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Como di un amigo meu en ton "jocoso"; "El placer es mío y #blgtk08#no lo pienso compartir con nadie". Jeje, saudos e grazas.
Comentario por A cruz da Campá (02-03-2011 23:29)
2 Unha das cousas boas da vida, é ter con quen compartir espazos, os espazos#blgtk08# da arte desde diferentes perspectivas son aínda máis especiais. Saúdos :)
Comentario por vakastolas (03-03-2011 18:17)
3 Pois debe ser , porque eu tamén teño pasión pola fotografía , o motivo de que a primeira ollada sempre se me vai a foto , logo busco unha #blgtk08#explicación nas palabras , e cerro o ciclo deleitándome na simbiose que existe entre foto e texto .
Un bico e parabens a teu irmán
Comentario por Santi (04-03-2011 20:18)
4 Pois asemella que saichedes todos artistas, case todas as ima#blgtk08#xes son ben bonitas, o igual que os teus escritos. Biquiños.
Comentario por Bieito (08-03-2011 22:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.