A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES I


Caen os ladrillos a golpe de maza
e unha nube de po
envolve lembranzas e soños derrubados
pola man que sostén
a arma do delicto.
Con cada expiración
caen os cascallos
espallados polo chan
e amontóanse nas portas do pasado.
Canta suor debaixo do cemento!

Mañá ergueranse
outras paredes e non recoñecerei
as súas cores!
Polo van foxe cada noite o meu alento.
Vístome co medo
a que o ladrón de soños
entre silencioso mentres durmo
e leve no seu peto
os que me quedan.
Esta inconsciencia,
este querer mudalo todo
sen sentido...


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 27-02-2011 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1
Na adolescencia enchémonos de soños que co paso do tempo vanse desm#blgtk08#oronando. Medra o noso escepticismo e cada vez soñamos menos.
Bicos
Comentario por Xan (27-02-2011 13:42)
2 Inconsciencia...?
Mudalo todo...?
Sen sen#blgtk08#tido...?

Da-nos inconsciencia, coroiña!
Comentario por Pepiño de Noriega (27-02-2011 22:59)
3 Coidado cos ladróns de soñ#blgtk08#os,sonche moi perigosos!!
Comentario por Raposo (28-02-2011 12:48)
4 Te felicito por esa capacidad que demuestras para juntar pal#blgtk08#abras y que desprendan musicalidad.

biquiños
Comentario por Frabisa (28-02-2011 20:37)
5 Os soños son máxicos e non hai no mundo ladr#blgtk08#ón capaz de roubalos todos.
biquiños.
Comentario por Aldabra (01-03-2011 09:04)
6 CONCHA , que benesta a foto, #blgtk08#gustame moito o que puxeches
Comentario por noemi (01-03-2011 12:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.