A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O BOTE DE "NESCAFÉ" DESCAFEINADO


Estaba de vacacións a uns centos de quilómetros da súa casa. Quería ter un peixe de cores. Un non. Mellor dous, para que puidesen compartir experiencias no reducido espazo da súa bóla de cristal. Pediulle á súa irmá que lle mercase dous peixiños de cores para levalos a casa. E unha bóla de cristal desde onde eles puidesen ver o mundo e falar del. Súa irmá mercoulle un peixiño branco e outro laranxa.
E velaí que o rapaz e a súa irmá emprenderon a viaxe de volta, non sen antes colocar con moito mimo a parella de peixes de cores nun bote de “Nescafé" descafeinado e mercarlle alimento para a viaxe.
Subiron ao autobús e o neno, nas 7 horas que durou a viaxe, non pegou ollo, non separou a vista do seu bote de “Nesacafé" descafeinado. En cada parada, comprobaba se os peixiños tiñan comida, se estaban cómodos e animábaos dicíndolle que xa faltaba menos para que aquel autobús parase…
Chegou á casa moi canso, cando xa era noite, pero antes de deitarse fíxolle prometer a súa irmá que ao día seguinte irían mercar a nova vivenda para os seus peixes de cores. E deitouse, deixando o bote de “Nescafé" descafeinado na mesiña de noite, moi cerca da súa almofada.
Cando espertou á mañá, no chan, á beira da cama, había un gran paquete. Desenvolveuno e atopou unha fermosa bóla de cristal, con area, uns paus e pedriñas no fondo e unhas plantiñas verdes. Apresurouse a botarlle auga fresca e, con moito coidado, verteu nela o contido do bote de “Nescafé" descafeinado e colocouna enriba da súa mesa de estudo, fronte á fiestra do seu cuarto. Cada día falaba cos seus peixiños, dáballe de comer e vixiaba que a casiña estivese limpa.
Pero unha mañá, ao espertar, os peixiños estaban flotando na superficie. Sacounos con moito coidado, meteunos nunha caixa de mistos e enterrouna no xardín.
Agora alí medran un caravel branco e un laranxa.


Concha L. F.
Peixes
Comentarios (10) - Categoría: Eu son... - Publicado o 16-02-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Ola, gústannos moito eses peixes da foto.
Nós tamén fixemos peixes de cores porque imos ir disfrazados de e#blgtk08#squimales.
Gústanos moito a túa páxina.
Moitos bicos de todos os nenos e nenas de Dacón e da profe.
Comentario por nenos de dacon (18-02-2011 11:21)
2 Un relato moi tenro.
#blgtk08#/> Bicos (de colores).
Comentario por Raposo (18-02-2011 11:36)
3 Fermoso e tenro relato. A materia e os soños nunca finalizan trans#blgtk08#fórmanse para que siga o ciclo da vida e dos soños..
Bicos
Comentario por Xan (19-02-2011 12:34)
4 E logo...sementando peixes de cores no xardín, previamente emboutad#blgtk08#os en Nescafé descafeinado, nacen caraveis?.

Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (19-02-2011 19:44)
5 Gustoume moito cando escribes "compartir experiencias non reducido espazo dá súa bóla de cristal".
Belo relato, hame gusatdo moito
Tamén nós somo p#blgtk08#eixes de cores, mirando o mundo desde a nosa propia bóla.
Un gusto lerche, Concha; grazas polas túas palabras na miña blog
Bicos

Ío
Comentario por Ío (20-02-2011 23:06)
6 A súa poesía é un belido poemario que arrola...Ten olor a campo e caricia de nube...A súa literatura, humilde e alta, fará camiño po-lo mundo coma un perfume...A estarabouzada doutros nace e morre entre o aplauso esquecidizo das cidades...

¡Hai irmanciña miña, na Tradición, na Raza e no Espíritu!. ¿Sabe que máis?. ¡Os seus versos son meus irmanciños, coroiña!. ¡Viva Ourense!. I o Meniño Xesús bendiga o seu estro. Vostede e máis eu ben lles queremos ós versiños... Versiños que se amosan cheios de imponencia, que fan moito barullo, ren para os nosos amores!.

As fonteliñas esco#blgtk08#ndidas, fontes humildes que apagan a sede de quen pasa, e que para nosoutros teñen moito máis encanto que os torrentes maxestuosos...Os seus versos son meus irmans...

Conto con que non se anoxará si lle lo chamo, e conte sempre coa miña devoción fervorosísima.

Conte, meu amor, conte..
E se se anoxa fale pestes dos meus atrevementos!.

Fale pestes, amorosiña...
Mais... ¡por Deus fáleme
Nesta faliña doce e agarimosiña!...

Po-la súa almiña non deixe nunca de agasallarnos cos seus versiños.

Biquiños novos.
Comentario por O Norieguiña (26-02-2011 21:21)
7 Oh, qué bonito! Gustoume moito o blog! O relato destila tenrura, pero aínda me gustou máis (se cabe) cando vin #blgtk08#que o leran os nenos de Dacón... ¿Que dirían logo na clase? ¿Non tes curiosidade? :) ¿Que pensarían eses nenos?
Comentario por Mar e Lúa (01-03-2011 00:24)
8 Que recordos irmá!... sempre me lembro daquel bote de nescafé. Para os que non o saibades, eu era o neno que se pasóu as 7 horas mirando para os peixes, grazas por sacar a flote eses rec#blgtk08#ordos que tan fondos están gardados.
Ah!... prometo seguir sendo a túa inspiración e colgar máis fotos!
Biquiños e grazas tamén a todos os que apreciades as miñas imaxes!
Comentario por Xulio Pazo (01-03-2011 08:48)
9 ¡Benditas mascotas! ¡Canto ben teñen feitos nos p#blgtk08#equenos!
Fermoso relato.
Biquiños,
Comentario por Aldabra (01-03-2011 09:01)
10 Pero, que tenrura de "micro-relato", como lle chamarían #blgtk08#hoxe... inda que parés máis un conto, un fermoso conto.
Comentario por Ana (10-03-2011 14:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.