A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O TEMPO NON PASA DE BALDE



É ben certo que o tempo non pasa de balde. Cando me miro ao espello e vexo as coletas desa nena máis pequena e regordecha da dereita, que ten un cacho de pan nunha man e mira a cámara cunha curiosidade sen fin, ata me parece que non podo ser eu. Sigo sendo gordecha, pero teño que andar buscando a miña melena, pois está medio desaparecida e cando atopo algo, máis ben é branco e sen forza!

Esta imaxe é dunha festa en Anllo, polo día de Santiago. Hai varias persoas que aparecen aí que xa non poden comer o suculento polbo: o tío Cándido e a tía Sara. Meu pai. A Rosario e o Emilio… Pero hai outra xente que aínda seguimos a mollar o pan no aceite que vai quedando no prato. (Hoxe saltarei a dieta).

Vaia por todas e todos! Ata polas canas! E pola historia que cadaquén de nós levamos nelas.

Concha L. F.
Comentarios (12) - Categoría: Eu son... - Publicado o 04-02-2011 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Creo conocer a Carmiña do Serafín , penso que él tamén estaría por ahí...
¡tempos aqueles!
O do troco de coletas por canas , e cuestión de acostumbra#blgtk08#rse , a miña carcasa do ordenador tamén está quedándose calva e blanqueando , pero os sentimentos que aniñan dentro non cambiaron co paso do tempo .
Un bico
Comentario por Santi (04-02-2011 19:40)
2 ¿Canas? Non pode ser...! Agora mesmo me paso polo espello, seguriño que levarei unha sorpresa. Pois é verda#blgtk08#de, xa non está o meu pelo loiro e lacio, nin a pel tersa, nin a inconsciencis na mirada... ¡Pobre inxenua!
Comentario por (05-02-2011 01:01)
3 As fotos en branco e negro é o que teñen, parecen sacadas dunha dimensión pararela, onde os protagonistas parecense a #blgtk08#nos pero non son nos. Por culpa delas os máis novos imaxinan unha época sin cor, onde todo era branco e negro. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (07-02-2011 08:45)
4 Pois si que eras unha nena fermosa! Que#blgtk08# sigades moitos anos a gozar do polbo.
Comentario por TQV (07-02-2011 19:40)
5 haha encantoume o comentario da cruz da Campá!!!!

E ti tés un certo parecido con esa señora da mesa [na expresión, ca#blgtk08#ndo te ris]

[Para que unha foto conmova, só teñen que pasar un determinado número de anos, non si? -logo falt alguén]
Comentario por (08-02-2011 13:59)
6 A do comentario de arriba son eu, no#blgtk08#n sei por que me ignora,
snif
Comentario por Zeltia (08-02-2011 14:00)
7 Se gardas dieta para o das canas non sei eu se che funcionará eh!
En relación coas fotos #blgtk08#"de antes" teño que dicir que tamén nos enganchan ós "de Antas".

Bicos sin tempo
Comentario por Chousa da Alcandra (08-02-2011 22:29)
8 Grazas ás fotos recordamos os sabores doutros tempos. A nena de col#blgtk08#etas parece moi simpática e esperta.
Bicos en branco e negro
Comentario por Xan (09-02-2011 17:49)
9 Lembranzas de tempos que non volverán!. Algún día habería que escribir unha antoloxía sobr#blgtk08#e o polbo, ese cefalópodo tan saboroso e que tan ben se presta a farras e festas.
Comentario por Raposo (10-02-2011 12:40)
10 Pero qué chulada de foto, Concha, es increíble pero las fotos en b/n tienen una fuerza impresionante.

#blgtk08#> Yo también las tengo así, jajjajajaja, cualquier día, cuelgo una y te quedarás muerta.

biquiños
Comentario por Frabisa (11-02-2011 08:08)
11 ¡que gusto da ver esas fotos de nena!
eu tamén, apenas me recoñezo nelas... xa pasaron moitos anos e agora mais que nunca, co comezo da miña menopausia doume conta que xa non voltarei mais a ser xoven... xa son unha muller, madura, e a verdade é que moitas veces asústame a idea... tento non pensar nesta idea moi en serio porque si non o medo pasaría a adueñarse destes anos...

semp#blgtk08#re me asustaron os cambios, a pesares de pensar que acostuman traer cousas boas...

sobre todo vexo tamén o paso do tempo nos meus pais, sobre todo en meu pai que dun ano a esta parte, cunha enfermedade, non grave pero latosa, envelleceu moitísimo...

ai, é que todo é un lío... mais vale non pensalo moito e deixan que se sucedan os días, sin mais.

biquiños.
Comentario por Aldabra (15-02-2011 11:29)
12 Que sería da vida sen poder mollar o pan no aceite, Concha!
As fotos de reunións ou de festas sempre fan lembrar recordos fermo#blgtk08#sos, frases, troulas, cantares, comidas, e por suposto, os que xa non están. Así que benditas sexan, que manteñen viva a nosa memoria.
Comentario por Eva G. Rei (13-03-2011 02:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.