A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMUNICACIÓN
Hai par de días lin nun xornal un artigo que falaba sobre a falta de comunicación entre a xente nova. Sobre a falta de comunicación cara a cara. Digamos que viña falando de que uns amigos se pasaban media tarde sentados comendo pipas, sen cruzar palabra e cando chegaban á casa, falaban o non falado a través da rede.

E quedei pensando niso... No sei...

Custa moito falar do que é preocupante, cara a cara, tal vez porque nesa situación non soamente se escoitan palabras, senón que se poden observar os cambios do rostro e iso ispe máis ca as palabras e pode chegar a desvelar de cadaquén o que realmente non quere contar.
O anonimato da rede permite agochar os verdadeiros sentimentos da xente e mesmo enganar.
Pero o que non acabo de entender como é posible pasar unha tarde enteira rodeada dunhas amizades, sen cruzar nin un comentario e logo verter ata os máis íntimos nun espazo tan... impersoal como é este.

Será que me estou facendo maior...
Comentarios (6) - Categoría: Eu son... - Publicado o 20-01-2011 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 jajaja bueno, pode ser que as veces quizais e mais sinxelo dicir as cousas escribindoas :)

En realidade deberia ser ao revés, cando somos novos somos mais impulsivos, dicimos as cousas sen meditalas, sen pensar nas consecuencias... Unha vez imos madurando, temos esa tendencia de sopesar un chisquiño mais as situacions, de valorar, e, en moitas ocasions de#blgtk08# pensar demáis...

Logo, cando un e mozo non deberia ter necesidade de establecer comunicacions a traves da rede dese xeito tan intimo-intenso...

Non sei, o caso e que ocurre. Eu tamen sigo pensando que nada como o pracer de darlle a lingoa cuns amigos na terraciña dun bar degustando unhas exquisitas cervexiñas :)

Biquiños!!!
Comentario por Merce (21-01-2011 16:44)
2 Eu penso que o problema das novas tecnoloxías é que os rapaces acceden moi novos a elas. Estes tecnoloxías están mal empregadas, non somos capaces de discernir unha mensaxe mala dunha boa. Xa é famosa a frase de "lo vi en internet", e igual o que#blgtk08# viu era a maior tontería do mundo mundial, pero como está en internet xa é certa. Penso que os pais e nais deberían de ensinarlle aos nenos que fora do ordenador ou do teléfono movil ou da consola tamen hai mundo e ben bonito por certo. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (24-01-2011 09:47)
3 ben, eu non creo que eso sexa así tan radical... é verdade que as veces faise mais sinxelo falar (escribindo) mirando para unha máquina, que mirando para os ollos de alguén, pero non ha de ser así tan radical o conto.

haberá de todo como sempr#blgtk08#e, hai que ter en conta que a xuventude, a adolescencia é un periodo no que a timidez xoga un papel importante, o xogaba na miña época.

o caso é que un chegue a expresar o que de verdade sinte, sin importar o medio.

biquiños,
Comentario por Aldabra (25-01-2011 10:48)
4 Non sei que che diga. O certo é que "en modo presencial" tamén pode servir a comunicación non verbal; mentra#blgtk08#s que diante da pantalla...ou escribes ou a cousa cobra tintes de complexidade.

Bicos noviños
Comentario por Chousa da Alcandra (25-01-2011 18:55)
5 Ese artigo que liches parece ser algo *tendencioso. Penso que tenta criticar o exceso de dependencia da nova tecnoloxía, mais é posible que sexa un exemplo excesivo esa reunión de mozos que non falan nada e comen pipas… Eu vexo moitas veces aos rapaces sentados desa maneira e non pairan de comer e non pairan de falar.
É verdade que escribindo mensaxes non resultas tan espontáneo…dáche tempo a pensar o que queres dicir. Aí#blgtk08#nda que a mocidade que creceu escribindo mensaxes paréceme que os escribe coma se falase. En canto a que se pode mentir, é verdade, e tamén falando cara a cara. Tamén se poden dicir máis verdades apoiadas no anonimato…que doutra maneira hai xente que non se atrevería. O negativo desta historia sería que non houbese esa reunión no banco do parque da que fala o artigo que liches.
Ah! Eu tamén me fago maior...
Biquiños
Comentario por Piteira (28-01-2011 08:49)
6 O uneco que se me ocorre para explicar ese transtorno, é que #blgtk08#tratase de xente impersoal que desenrola o ego tralo cristal.
Comentario por Xan (03-02-2011 18:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.