A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALEIRO


Desapareceu de pronto,
envolta en acordes
de acordeóns e trompetas,

en compasados toques
de bombo e pandeiro,
no alboroto das pandeiretas.

Desapareceu, sen máis,
sen deixar, tan sequera un sinal
no peitoril das fiestras.

Busqueina coa mirada
entre a multitude,
mais perdeuse a súa silueta

esluída na humidade da rúa,
esvaecida no aire espeso
daquela tarde nubenta.

Xa non vexo cores de ledicia,
nin resoan os axóuxeres
do seu andar nas pedras.

Perdeuse a súa pegada
no vento do nordés,
fuxiu co seu eco a outras terras.

É tempo de silencio,
de letras non escritas,
de ausencia e de brétemas.

É tempo de tintas invisibles
en brancos lenzos,
de lembranzas e de esencias.

Concha L. F.
Comentarios (6) - Categoría: Varios - Publicado o 07-01-2011 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 E quedou tan baleiro!
Emoci#blgtk08#nante lectura.
Un biquiño.
Comentario por (09-01-2011 08:22)
2 É tempo de color de tipografía branco calcá#blgtk08#reo escrito sobre papel calcáreo branco...
Comentario por Chousa da Alcandra (09-01-2011 12:51)
3 E o baleiro foi ainda mais baleiro.#blgtk08#
Fermosísimo.
Bicos.
Comentario por fonsilleda (10-01-2011 12:27)
4 Por un momento sentinme t#blgtk08#erriblemente só. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (14-01-2011 15:13)
5 Moi axeitada esa foto de rúa mollada, baleira, para #blgtk08#o poema que chora por alguén que deixou un baleiro.
Comentario por Zeltia (19-01-2011 18:12)
6 As veces ata a descripción do baleiro e da ausencia pode encher. Sabes,#blgtk08# penso que é un poema moi facil de musicar. Quedaría ben.
Bicos.
Comentario por Raposo (20-01-2011 12:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.