A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMAXINO




Cada mañá, collo a vasoira e tento varrer a lembranza, pero ela segue a espallarse teimudamente polos recantos da casa, agochada en cada partícula de po.

Non podo escoitar a túa voz.
Non podo tocar a túa pel.
Non podo mirarme nos teus ollos.
Non podo saborear a túa boca.
Non podo percibir o teu recendo…

Pero todo o meu ser está empapado de ti.

A miña voz soa coa túa voz.
A miña pel toca coa túa pel.
Os meus ollos miran cos teus ollos.
A miña boca saborea coa túa boca.
E o teu recendo envolve canto toco e canto sinto.

E imaxino as nosas almas, noutrora alleas,
camiñar nunha ata a eternidade

Concha L. F.
Comentarios (10) - Categoría: Varios - Publicado o 25-12-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Fermoso poema
...Non podo percibir o teu recendo...
...E o teu recendo envo#blgtk08#lve canto toco e canto sinto...
voume quedar co poema co seu permiso.
Saúdos
Comentario por Son Unha Xoaniña (26-12-2010 00:05)
2 Non é imaxinación o que ti dis tan ben é unha fermos#blgtk08#a ainda que, o millor triste, certeza.
Bicos
Comentario por Ana (26-12-2010 11:43)
3 As veces hai que deixar a va#blgtk08#soira e probar co aspirador!
Comentario por Raposo (26-12-2010 13:04)
4 Que fermosos son sempre os teus versos :)#blgtk08#r />
Moitos bicos tamen por ahí ;)
Comentario por Merce (26-12-2010 18:07)
5 soños fermosos envolveitos en fermosas palabras, Conc#blgtk08#hiña.

happy new year!

Comentario por Zeltia (01-01-2011 23:27)
6 Haiche lembranzas moi teimudas. Incluso co aspirador que apunta o Raposo non son doadas de elimin#blgtk08#ar. Pero se son así de fermosas como a imaxe...case mellor mantelas.

Bicos de 2011
Comentario por Chousa da Alcandra (02-01-2011 14:26)
7 As lembranzas son moi teimudas. Pero que seríamo#blgtk08#s sin elas?.
Fermoso poema.
Bicos
Comentario por xan (03-01-2011 13:26)
8 Un poema fermoso, que te delata (de antes ou de agora) con un sentim#blgtk08#ento moi forte, bonito, pero tamén para lastimar. Un biquiño jrande
Comentario por maribel-bel (03-01-2011 16:52)
9 É imaxinación ou son recordos, ou imaxinas que recordas, ou #blgtk08#as dúas cousas. Toume liando, moi bonito coma sempre. Bicos.
Comentario por A cruz da Campá (04-01-2011 18:52)
10 déixoche un bico, Concha.
Espero que pasa#blgtk08#ras unhas vacacións descansadiñas e disfrutando!
Comentario por Zeltia (07-01-2011 14:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.