A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AUGA




Quixen recoller a túa ledicia na miña man,
acariñala para que se sentise acochada,
gardala para darcha cando o teu sol anubra
e non podes ver máis ca sombras…
Mais ela,
escorregadiza coma a auga,
foi esvarando entre os meus dedos.

Concha L. F.

Foto: Xulio López Fernández
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 02-12-2010 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 A auga escorrega pero sempre quedan algunhas pingueiras na cunca da man#blgtk08# e a sensación de frescor e humidade.
A ledicia pásalle o mesmo.
Comentario por Raposo (03-12-2010 12:28)
2 ai concha! si se puidera recoller a ledicia e gardala para cando se precisa ainda que#blgtk08# só fora un chisco...!

gustoume este micropoema. (e a foto, e a foto)
Comentario por Zeltia (04-12-2010 21:07)
3 A ledicia sempre regresa, nen o dubides, ademais non precisa de controladore#blgtk08#s aereos para viaxar así pois sempre rematamos por ser felices. Eso espero.
Comentario por A cruz da Campá (05-12-2010 10:10)
4 A Ledicia sempre se nos escurre, quizais para que a#blgtk08# gocemos cando está nas nosas mans.
Saúdos
Comentario por xan (05-12-2010 12:28)
5 A ledicia allea recóllese cos ollos... boeno, vale;#blgtk08# tamén con outra cousa!
Bicos de pre-inverno
Comentario por Chousa da Alcandra (05-12-2010 22:16)
6 Pechar os dedos fai que non corra tanto, mais acaba por escorregar toda. Pero, xa se ve na foto, m#blgtk08#entres a billa siga aberta...hai ledicia, aínda que aos poucos escorregue.
Bicos e apertas.
Comentario por Piteira (07-12-2010 17:39)
7 Si se poidese recoller e gardar e tela aí pra acariñala ou regalarlla a algúen...#blgtk08#
Pero temos a memoria.
Femoso poema e tamén a imaxe
Biquiños
Comentario por Ana (26-12-2010 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.